Saltar ao contido principal
Inicio  »  Goberno  »  Reitoría  »  Cátedras  »  Cátedra Dr. Jaime Vera de Emprendemento Social  »  Actividades desenvolvidas

Actividades desenvolvidas

A responsabilidade social das empresas. Unha aposta polo progreso da UE

25 de xaneiro de 2008, Centro de Estudos avanzados

No Centro de Estudos Avanzados, emprazado no mesmo Parque de Vista Alegre, inauguráronse despois da constitución da Cátedra as xornadas 'A responsabilidade social das empresas. Unha aposta polo progreso da Unión Europea', que organiza o Grupo Socialista no Parlamento Europeo. No acto de apertura participaron o reitor Senén Barro; o conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández; o director da Fundación Jaime Vera, Francesc Romeu í Martí; e o deputado ao Parlamento Europeo e secretario xeral adxunto da Delegación Socialista Española, Antolín Sánchez Presedo.

A primeira mesa redonda, moderada o deputado Alejandro Cercas Alonso, versou sobre a responsabilidade social das empresas e nela participarán a secretaria xeral da Fundación Internacional para Iberoamérica da Administración e Políticas Públicas (FIIAPP), Marisa Álvarez, e a responsable do Programa de Sector privado na área de Campañas e Estudos de Intermón Oxfan, Isabel Tamarit.

As Universidades e a Responsabilidade Social Corporativa, foi moderada pola deputada Francisca Pleguezuelos e contou coas intervención do reitor Senén Barro, e a coordinadora do Plano de Desenvolvemento Sostible da USC e membro do comité executivo do grupo de traballo da CRUE de Calidade Ambiental e Desenvolvemento Sostible, Dora Blanco.

Na clausura das xornadas o secretario xeral adxunto da Delegación Socialista Española Antolín Sánchez Presedo expuxo as conclusións e interviñeron asemade o conselleiro de Traballo da Xunta de Galicia, Ricardo Varela; a deputada do Parlamento Europeo e vicepresidenta da Comisión de Pesca, Rosa Miguélez Ramos; e a directora da Cátedra Jaime Vera en Emprendemento Social da USC, Elena Vázquez Cendón.

Mellores prácticas no uso das TIC no ámbito municipal

28 de marzo de 2008, Aula TIC-PEMES da USC no campus de Lugo

Medio centenar de persoas participan nas xornadas sobre o uso das TIC no ámbito municipal organizadas pola cátedra Jaime Vera
Trátase da primeira actividade en Lugo deste organismo da USC e tamén a primeira pública da Aula TIC-Pemes.

O vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero, inaugurou o venres 28 de marzo de 2008 no Centro de Empresas e Innovación de Lugo as xornadas ‘Mellores prácticas no uso das TIC no ámbito municipal’, organizadas no marco da cátedra Jaime Vera de Emprendemento Social pola Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación Jaime Vera e patrocinadas pola Fundación Telefónica. Participan nas mesmas 50 persoas procedentes do ámbito político tanto a nivel da administración local como universitario, entre os que se atopa un grupo de alumnos procedente de Santiago.

Nestas xornadas, que se celebran por primeira vez en Lugo, analízouse a situación actual, o grado de implantación, as experiencias de gobernos locais socialistas e as perspectivas de futuro en materia de incorporación de novas tecnoloxías nas administracións locais. Esta é a primeira actuación que realiza a Aula TIC-Pemes do Campus de Lugo de forma pública e tamén é o estreo da cátedra Jaime Vera de Emprendemento Social na cidade de Lugo, dende a súa fundación no mes de xaneiro deste ano.

O vicerreitor estivo acompañado na inauguración pola directora da cátedra Jaime Vera de Emprendimento Social, Elena Vázquez Cendón; a directora da aula TIC-Pemes da USC, María Ángeles López Cabarcos, e a responsable de avaliación e calidade da Fundación Jaime Vera, Nuria Lera. A directora da cátedra explicou que as xornadas tiveron unha importante acollida por parte do Concello e serven como “un mecanismo para pór en valor a transferencia do coñecemento á sociedade”.  Os catro defenderon a importancia de coordinar esforzos entre as institucións para levar adiante proxectos como o que se inaugurou hoxe.

O programa dividiuse en dúas mesas redondas, ás 10:30 e ás 12:30 horas. A primeira, co título ‘Experiencias municipais nas novas tecnoloxías’, estivo moderada pola concelleira de Servizos Xerais do Concello de Lugo, Luisa Zarzuela. Participaron o director de Novas Tecnoloxías no Concello lugués, Efrén Arias Jordán, e a directora de Sistemas de Información, Informática e Cartografía do Concello de Leganés, Virginia Moreno Bonilla.

No coloquio sobre ‘Presente e futuro da innovación tecnolóxica nos concellos’, moderado por Javier Franco Tubío, director da Área TIC da USC participaron o director Territorial de Galicia e Asturias de Telefónica España, José Ángel Veiga Abeledo; o xefe do Departamento de Atención Cidadá do Concello da Coruña, José María Ares Abalo, e o concelleiro de Innovación de Sevilla, Juan Antonio Martínez Troncoso.

A clausura estivo a cargo do alcalde de Lugo, José López Orozco; o director xeral para o Desenvolvemento da Sociedade da Información do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, David Cierco Jiménez de Parga, e a vicepresidenta Segunda da Deputación Provincial, Lara Méndez.