
Para coñecer a nosa cultura e enriquecer a experiencia durante a estancia na nosa universidade ofértase un programa con actividades que poderán realizar os estudantes visitantes e da USC en ambos os Campus: Santiago e Lugo.
Recepción ofrecida polo Reitor da USC.
En colaboración coa Asociación Enxebre Compostela. Dúas xornadas onde os alumnos estranxeiros presentan os seus países a toda a comunidade universitaria.
Con este proxecto preténdese promover a aprendizaxe e o uso das linguas minoritarias dos distintos estados da Unión Europea, co fin de que aquelas persoas que proveñan doutros países poidan coñecela e empregala con normalidade na súa vida diaria. Ademais tamén ten como obxectivo axudar á integración de estranxeiros/as na sociedade galega, así como na propia comunidade universitaria da USC. Os/as principais destinatarios/as son os mozos e as mozas que proveñan do estranxeiro e que estean gozando dunha bolsa Erasmus e mais estudantes galegos/as que teñan interese polo intercambio cultural.
Metodoloxía: As parellas reuniranse para conversar de diversos temas (cultura, deporte, temas sociais...) así como tomar parte de distintas actividades como ir ao teatro, a un evento deportivo, a unha feira gastronómica, visitas culturais... Tratarase, en definitiva, de empregar unha aprendizaxe non formal que fomente o interese pola lingua e a súa aprendizaxe; facilitando deste xeito a integración e o intercambio de experiencias, coñecementos e valores. A USC elaborou un programa de actividades para os estudantes visitantes e de USC.
A USC dispón de numerosos servizos para a comunidade universitaria e para o apoio da docencia e investigación. Nesta sección seleccionamos algúns dos servizos máis imprescindibles para os visitantes relacionados coas súas necesidades persoais de aloxamento, idiomas, conexión, etc. Destacamos que entre os servizos ofrécese apoio a estudantes con necesidades especiais, adaptando os espazos da USC e eliminando as barreiras arquitectónicas en facultades, escolas, residencias e colexios maiores segundo as necesidades que se van detectando a medida que aumenta o número de estudantes con discapacidade matriculados. Ademais, organízase un apoio directo cando solicitan algún tipo de axuda en relación coa súa discapacidade.