
As actividades de Cooperación Científica e Investigación entre España e os países iberoamericanos, da África Subsahariana e o Mediterráneo teñen como obxectivo reforzar a coordinación e coherencia da política de cooperación ao desenvolvemento coa política científica e tecnolóxica, facilitando sinerxías entre o Plan Director da Cooperación Española 2005-2008 e o Plan Nacional de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2008-2011, co fin de impulsar e fomentar vínculos estables de investigación e docencia entre grupos de universidades e organismos científicos de España e Iberoamérica. Faise pública a convocatoria de axudas para a realización de proxectos conxuntos de investigación, proxectos conxuntos de docencia, accións complementarias e accións integradas para o fortalecemento institucional.
A finalidade última deste programa é o reforzamento das institucións e estruturas que soportan o sistema de ciencia, tecnoloxía e innovación das mesmas, mediante a constitución, desenvolvemento e consolidación de redes estables de cooperación científica e de investigación, entre equipos conxuntos das Universidades e Organismos españois e outros países en áreas temáticas prioritarias para a cooperación bilateral de España con cada un deles.
En relación coas modalidades existentes ata agora, as principais modificacións na convocatoria do PCI 2009 serán as seguintes:
- A Modalidade A, Investigación, deberá a partir de agora vincularse a obxectivos de Desenvolvemento ben definidos e priorizados pola contraparte.
- A Modalidade B, Formación, dirixirase a programas formativos especializados, vinculados ás demandas e necesidades prioritarias definidas polos países socios.
- A Modalidade C, pasa a denominarse ACCIÓNS PREPARATORIAS, e irá dirixida a fomentar a movilidad e o intercambio de información para preparar proxectos de cooperación universitaria que resulten competitivos en calquera das outras modalidades da seguinte convocatoria do PCI.
- A Modalidade D, Accións Integradas para o Fortalecimiento Institucional, recibirá máis recursos que o ano anterior e poderá incluír becas vinculadas aos obxectivos do proxecto. Como obxectivos máis concretos, que serán tidos en conta para a adjudicación das Axudas nesta Modalidade, teranse en conta os seguintes:
Adiantamos o texto da convocatoria que vai saír en BOE e un documento coas novidades desta convocatoria respecto de anos anteriores. A principal novidade é que non se poden solicitar as modalidades A e B, só renovacións. Para a modalidade D é necesario enviar á ORE un resumo ou esquema do proxecto para a súa avaliación e asignaráselle unha clave para a aplicación telemática. O prazo de entrega de solicitudes será o 31 de xullo. Neste espazo anunciarase no seu momento o BOE.
Convocatoria_2010_texto [pdf - 60 kb][Actualizado: 1/7/10]
ANEXO_I [pdf - 23 kb][Actualizado: 1/7/10]
ANEXO_II [pdf - 129 kb][Actualizado: 1/7/10]
ANEXO_III [pdf - 393 kb][Actualizado: 1/7/10]
Cambios__PCI__2010 [doc - 54 kb][Actualizado: 1/7/10]
RESUMO_MEMORIAS_PCI_XC [doc - 17221 kb][Actualizado: 23/6/10]