
Convocatoria_PCI_2010 [pdf - 60 kb][Actualizado: 2/7/10]
Anexo I da convocatoria [pdf - 24 kb][Actualizado: 2/7/10]
Anexo II da convocatoria [pdf - 132 kb][Actualizado: 2/7/10]
Anexo III da convocatoria [pdf - 403 kb][Actualizado: 2/7/10]
O PAPEL DO COÑECEMENTO NO DESENVOLVEMENTO: NECESIDADES DE INVESTIGACIÓN E INNOVACIÓN EN AMÉRICA LATINA

A Vicerreitoría de Política Internacional organizou unha xornada aberta a toda a comunidade universitaria o 4 de febreiro de 2010, na que se debatironse as liñas estratéxicas para a cooperación universitaria ao desenvolvemento no ámbito de Iberoamérica. No encontro identificaronse as accións prioritarias que se poderán desenvolver nos proxectos de cooperación, así como os instrumentos máis adecuados para que os resultados poidan ser transferidos á sociedade.
A apertura do evento correreu a cargo do Reitor da USC, o Subdirector Xeral de Modernización e Promoción da Investigación Universitaria, do Ministerio de Educación, e o Secretario Xeral de Universidades da Xunta de Galicia. A primeira intervención foi da Sra. Mar Duque, coordinadora de Erasmus Mundus, que exporá as liñas estratéxicas da actual convocatoria das tres accións Erasmus Mundus. As seguintes intervencións foron dos xestores de cooperación de diferentes países como Arxentina, Bolivia, Brasil, Paraguai, Perú e Uruguai e de grupos de investigación europeos.
Mais información:
cartel [pdf - 116 kb][Actualizado: 1/2/10]
diptico [pdf - 168 kb][Actualizado: 2/2/10]
Na internacionalización actual de todas as institucións universitarias, a Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento é unha dimensión concreta que esixe o compromiso das institucións dedicadas ao coñecemento e investigación e a creación de proxectos cuxo fin último debe ser o desenvolvemento sostible do país co que se coopera.
A USC ten un compromiso social consolidado que se concreta na súa Memoria de Responsabilidade Social e nunha liña de actuación específica de Cooperación que desvolve o Vicerreitorado de Política Internacional. Nestes momentos esta liña ten grandes logros na participación en Programas Internacionais de Cooperación e na creación de programas propios con outras institucións, empresas e axentes sociais que permite dispor de múltiples proxectos de cooperación. Como membro da CRUE a USC tamén asume o Código de Conduta das Universidades en materia de Cooperación ao Desenvolvemento.
O Vicerreitorado creou o Grupo de Cooperación no que participan distintos membros da universidade e que ten como tarefas a coordinación de todas as accións, o apoio a todas as persoas que queiran participar e o establecemento de estratexias de información e asesoramento a todas as iniciativas.
Entre as distintas administracións públicas existen organismos de referencia para a cooperación e convocan subvencións periodicamente.
Adscrita ao Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación a través da Secretaría de Estado de Cooperación Internacional.
Portal da AECID http://www.aecid.es/web/es/
A Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, é o organismo pertencente á Xunta de Galicia que asesora e promove a Cooperación na Comunidade Autónoma.
Portal de Cooperación Galega http://cooperaciongalega.org/index.php
A convocatoria de bolsas de formación de expertos en cooperación ao desenvolvemento para o vindeiro ano 2010 preténde apoiar a formación de expertos/as en cooperación internacional que contribúa ao fortalecemento do sistema galego de cooperación. Os destinos das bolsas serán a sede da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa U.E. en Santiago de Compostela, as oficinas técnicas de cooperación da AECID en diversos países e delegacións de organismos internacionais multilaterais.
Os solicitantes deberán estar en posesión dun título universitario de grao medio ou superior. Valorarase, entre outros, a formación en cooperación ao desenvolvemento e os coñecementos de galego, idiomas estranxeiros e informática. Ademais da avaliación dos méritos, a comisión de selección realizará unha entrevista aos aspirantes con maior puntuación.
O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 11 de xaneiro de 2010. DOGA 10-12-2009
Convocatoria Cooperación Galega [pdf - 118 kb][Actualizado: 23/12/09]