
A USC a través de centros e servizos ofrece formación en distintos idiomas a toda a comunidade universitaria e a todas as persoas alleas interesadas en cursos de idiomas e, á vez, acredita a preparación coa expedición de distintos títulos recoñecidos a nivel internacional. A programación de cursos é ampla, con flexibilidade de horarios, modalidades de asistencia e apoio de recursos educativos.
A actividade desenvolvida representa un apoio tanto á mobilidade ao atender á demanda de formación en diferentes idiomas para unha preparación necesaria e a súa correspondente acreditación; como á acollida daquelas persoas que proceden doutros países e que queren coñecer a riqueza lingüística e a cultura do noso país.
O Centro de Linguas Modernas (CLM) organiza todos os anos cursos de diferentes linguas modernas enfocados a conseguir un dominio das mesmas tanto na súa expresión oral como na escrita.
Os cursos van dirixidos, en principio, aos membros da comunidade universitaria, pero neles poden matricularse igualmente todas as persoas alleas á Universidade que teñan cumpridos os 16 anos e estean interesadas no coñecemento de novas linguas.
O CLM tamén é Centro examinador delegado en Galicia para os exames "ZD" e "ZMP" do Goethe Institut para lingua alemá como lingua estranxeira.
Os alumnos estranxeiros que estudan en Galicia poderán presentarse dúas veces ao ano (maio e novembro) aos exames do Certificado Inicial, Diploma Básico e Diploma Superior de Español como Lingua Estranxeira (DELE), expedido polo Ministerio de Educación español a través do Instituto Cervantes, xa que o Centro de Linguas Modernas é unha das sedes onde se realiza. O CLM da USC organiza "Cursos de preparación para os exames DELE".
Con máis de cincuenta anos de experiencia, Cursos Internacionales da USC ofrece ao longo de todo o ano unha ampla oferta en Cursos de Español como Lingua Estranxeira e Programas de Formación de Profesorado de español e profesorado de galego:
Una metodoloxía comunicativa baseada nas directrices do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas e nun seguemento personalizado. Combínase o coñecemento da lingua e cultura española e galega coa comunicación efectiva e a integración na vida cotidiá. Os nosos cursos e programas celébranse nos dous campus da USC (Santiago de Compostela y Lugo) e no estranxeiro.
Colaboramos con distintas universidades estranxeiras e institucions como o Ministerio de Educación e Ciencia, Ministerio de Asuntos Exteriores (AECID), o Instituto Cervantes e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Somos tamén, na súa convocatoria de agosto, Centro Examinador do DELE (Certificado Inicial, Diploma Básico e Diploma Superior de Español como Lingua Estranxeira), expedido polo Ministerio de Educación español a través do Instituto Cervantes.
A USC a través do Instituto da Lingua Galega e o Servizo de Normalización Lingüística ofrecen cursos sobre a lingua e cultura da Comunidade Autónoma.