Saltar ao contido principal
Inicio  »  Goberno  »  Reitoría  »  Portal internacional  »  ERASMUS

USC Internacional

5_movilidadEEES 1 gal

No Programa de Aprendizaxe Permanente (Lifelong Learning Program LLP) a acción dirixida á Educación Superior denomínase Erasmus e pretende mellorar a calidade da Educación Superior e reforzar a súa dimensión europea, fomentando a cooperación transnacional entre as universidades potenciando a mobilidade europea e mellorando a transparencia e o recoñecemento académico de estudos e cualificacións no seo da Unión.

Estudantes

Todos os estudantes seleccionados reciben unha axuda económica da Comisión Europea e a USC, esta axuda económica é compatible con calquera outra bolsa e, ademais, pódese solicitar outras bolsas complementarias que convocan anualmente tanto o Ministerio de Educación como a Xunta de Galicia.

Convocatoria 2012-2013

A finalidade das bolsas é dar aos estudantes a posibilidade de realizaren estudos recoñecidos pola USC nas diversas universidades participantes no PAP (Programa de Aprendizaxe Permanente) en toda Europa. No anexo da convocatoria están as prazas dispoñibles para estudantes de grao, posgrao e doutoramento. As bolsas Erasmus non son incompatibles con outras bolsas de carácter xeral, excepto no caso no que se especifique na outra convocatoria. Neste proceso pódese pedir asesoramento aos Responsables Académicos de Mobilidade (RAM) que ten cada centro.

       *Os candidatos excluídos disporán dun prazo de 10 días hábiles para emendar os motivos da súa exclusión

Convocatoria 2011-2012

A finalidade das bolsas é dar aos estudantes a posibilidade de realizaren estudos recoñecidos pola USC nas diversas universidades participantes no PAP (Programa de Aprendizaxe Permanente) en toda Europa. No anexo da convocatoria están as prazas dispoñibles para estudantes de grao, posgrao e doutoramento. As bolsas Erasmus non son incompatibles con outras bolsas de carácter xeral, excepto no caso no que se especifique na outra convocatoria. Neste proceso pódese pedir asesoramento aos Responsables Académicos de Mobilidade (RAM) que ten cada centro.

Convocatoria 2010-2011

Programas

  • Estudantes para estudios: Realización dun período de estudos nunha institución de Educación Superior noutro país europeo. Erasmus está aberta a centros de Educación Superior de todo tipo e abarca todas as disciplinas e niveis de estudos, incluído o doutorado. A duración da mobilidade oscila entre os 3 meses (mínimo) os 12 meses (máximo).
  • Estudantes en prácticas: Realización dun período de prácticas durante un período de tempo nunha empresa ou organización doutro país europeo.
  • Programas intensivos: Organización de programas de estudo de curta duración no que participan estudantes e persoal docente de universidades de diferentes países participantes.
  • Cursos intensivos de idiomas: Cursos especializados nos idiomas menos falados ou ensinados dos países participantes no programa Erasmus.

Máis información...

 Docentes / Investigadores / RAM / Coordinadores

  • Mobilidade docente: Mobilidade do persoal docente das institucións de Educación Superior e empresas para impartir docencia. Poderá participar o persoal docente de institucións de Educación Superior que posúan unha Carta Universitaria Erasmus ou persoal de empresas. O persoal docente que participa nun programa de mobilidade debe estar integrado no departamento ou a facultade do centro de acollida. Isto implica que exista un acordo interinstitucional e acordar, con anterioridade a devandita estancia, o programa de estudos que seguirán os profesores visitantes.
  • Formación de persoal: Mobilidade do persoal docente e demais persoal de institucións de Educación Superior para recibir formación.
  • Organización da mobilidade: Axuda ás institucións de Educación Superior para contribuír a crear as condicións óptimas para a realización dos distintos tipos de mobilidade contemplados dentro do programa Erasmus.
  • Visitas preparatorias: Axuda ás institucións de Educación Superior que desexan participar no programa Erasmus a coñecer outros centros educativos adecuados para asociarse.

Convocatoria 2011-12

Convocatoria Docentes 2011-12 (2ª Convocatoria)

Convocatoria Coordinadores 2011-2012

Convocatoria Docentes 2011-2012 (1ª Convocatoria)

Convocatoria 2010-2011 

Convocatoria Docentes 2010-2011 (2ª Convocatoria)

Convocatoria Coordinadores 2010-2011

Convocatoria Docentes 2010-2011

Convocatoria 2009-2010

Resolución Reitoral pola que se convocan axudas para a mobilidade de docentes da USC cara ao espazo europeo de educación, dentro do programa de aprendizaxe permanente (PAP)- ERASMUS 2009-2010 (2ª convocatoria)

Máis información...

Persoal de Administración e Servizos (PAS)