Saltar ao contido principal
Inicio  »  Goberno  »  Reitoría  »  Portal internacional  »  Erasmus mundus(ECW)

USC Internacional

9_cooperacion 1

O obxectivo principal de Erasmus Mundus é alcanzar un mellor entendemento e un enriquecemento mutuo entre a Unión Europea e terceiros países a través de programas de cooperación que impulsen o intercambio de persoas, coñecementos e habilidades no ámbito da Educación Superior. A UE creou accións encamidas a distintos tipos de cooperación:

  • Acción 1: creación de programas conxuntos de master e doutoramento
  • Acción 2: promoción da mobilidade en todos os niveis de estudos para estudantes (de grao e de máster), candidatos que estean realizando o doutoramento, investigadores, académicos e persoal administrativo;
  • Acción 3: mellorar a accesibilidade da educación superior europea no mundo e presta apoio a iniciativas transnacionales, estudos, proxectos, actos e outras actividades relacionados coa dimensión internacional.

As convocatorias Erasmus Mundus External Cooperation Windows Erasmus Mundus External Cooperation Windows dedicadas á mobilidade céntranse en distintos continentes. A USC coordina e participa en varios tipos de programas.

Programa Erasmus Mundus ECW con Asia

  • Lot 9 (Kazajstán, Kirguistán, Uzbekistán, Tayikistán, Turkmenistán)
  • Lot 11 EMMA (Bangladesh, Camboya, Filipinas, India, Pakistan)
  • Lot 9 CENTAURI (Kazajstán, Kirguistán, Uzbekistán, Tayikistán), Coordina USC
  • Lot 11B EXPERTS (A India, As Filipinas, Bangladesh, Bután, China, Indonesia, Nepal, Paquistán, Sri Lanka e Tailandia)

Programa Erasmus Mundus ECW con América Latina

  • Lot 15 (Brasil), Coordina USC
  • Lot 17 (Brasil, Uruguay, Paraguay), Coordina USC
  • Lot 18 (Perú, Bolivia, Argentina) Coordina USC
  • Lot 20B (México, Guatemala, El Salvador, Honduras, Nicaragua) 

EMUNDUS 11B EXPERTS

A USC participa no proxecto EXPERTS de mobilidade de estudantes e persoal académico de A India, As Filipinas, Bangladesh, Bután, China, Indonesia, Nepal, Paquistán, Sri Lanka e Tailandia cara a Europa. As áreas prioritarias son as Ciencias da Agricultura, Dirección e Administración de Empresas, Enxeñaría e Tecnoloxía, Xeografía e Xeoloxía, Ciencias Naturais, Dereito e Ciencias Socias. As prazas de mobilidade repártense entre todos os niveis de estudo. 

EMUNDUS 9 CENTAURI

A USC coordina o proxecto sobre as necesidades de innovación e investigación de universidades de Asia central. Entre os obxectivos están a mellora da xestión da investigación e a promoción de programas de investigación por convenio bilateral que consoliden a colaboración e mobilidade. As áreas prioritarias son os estudos sobre desaenvolvemento, estudos agrarios, enxeñaría e tecnoloxías, xestión de negocios e ciencias sociais. As prazas de mobilidade repártense entre todos os niveis de estudo, pero un maior número dedícanse a posdoctorados e a profesorado para soster a investigación. 

EMUNDUS 20B

A USC participa nun novo proxecto Erasmus Mundus ECW 20B. Este novo proxecto, no que a USC contribúe de forma activa á xestión, está centrado en México e países centro americanos (El Salvador, Guatemala, Honduras e Nicaragua). No consorcio tamén participan universidades de Bélxica, España, Finlandia, Francia, Italia e Polonia.

Do mesmo xeito que nos outros 4 proxectos nos que a USC participa, este proxecto potenciará a mobilidade de estudantes de grao e de master, así como de doutoramento e persoal docente-investigador entre os países de América Latina e a UE. O proxecto conta dun presuposto de 3,2 millóns de Euros e está previsto case a mobilidade de case 400 universitarios entre os países de América Latina e os de UE.

EMUNDUS 15

  • Das 171 mobilidades, 145 irán destinadas a beneficiarios brasileiros que cursarán estudos en Europa mentres que 26 beneficiarios europeos realizarán a súa mobilidade nalgunha das universidades brasileiras do consorcio.
  • Mobilidades en calquera nivel de estudos, excepto Master: estudos de grao, doutoramento, postdoctorado e persoal académico.
  • Áreas de estudo prioritarias: Educación e Formación de Profesorado; Enxeñería e Tecnoloxía; Ciencias Sociais.
  •  

pdf EMUNDUS15_2ndCall_Instructions_EN [pdf - 119 kb][Actualizado: 3/3/10]

pdf EMUNDUS15_2ª Convocatoria_Instruçoes_PT [pdf - 116 kb][Actualizado: 3/3/10]

EMUNDUS 17

  • Das 176 mobilidades, 154 irán destinadas a beneficiarios de Brasil, Paraguai e Uruguai que cursarán estudos en Europa mentres que 22 beneficiarios europeos realizarán a súa mobilidade nalgunha das universidades suramericanas do consorcio.
  • Concederanse bolsas para realizar mobilidades en calquera nivel académico: estudos de grao, master, doutoramento, posdoutorado e persoal académico.
  • Áreas de estudo prioritarias: Ciencias Agronómicas, Educación e Formación de Profesorado, Enxeñería e Tecnoloxía, Ciencias Médicas, Ciencias Naturais e Ciencias Sociais.

EMUNDUS 18

  • Das 157 mobilidades, 137 irán destinadas a beneficiarios de Arxentina, Bolivia e Perú que cursarán estudos en Europa, mentres que 20 beneficiarios europeos realizarán a súa mobilidade nalgunha das universidades suramericanas do consorcio.
  • Concederanse bolsas para realizar mobilidades en calquera nivel académico: estudos de grao, máster, doutoramento, postdoctorado e persoal académico.
  • Áreas de estudo prioritarias: Ciencias Agronómicas, Enxeñería e Tecnoloxía, Xeografía e Xeoloxía, Matemáticas e Informática, Ciencias Médicas, Ciencias Naturais e Ciencias Sociais.

EMUNDUS 11 EMMA

Programa pechado para o curso 2009/2010

Este programa promove a mobilidade para os estudantes e persoal de universidade cara a paises de Asia . Os socios nese continente son Bangladesh, Camboia, Filipinas, India, Paquistán, e pódese ofertar algunha mobilidade con algúns países da rexión de Asia como Afganistán, Bhután , Myanmar/Burma, Nepal, China, Indonesia, Malaisia, Maldivas, Corea do Norte, Sri Lanka, ou Thailandia. A mobilidade de Europa a Asia ofrécese nas seguintes universidades que forman o consorcio METU (Ankara-Turquía), B1 (Bordeus-Francia), ITC (Enschede-Netherland), RKUH (Heidelberg-Alemaña), Únelas (Nice-Francia), USC (Santiago de Compostela-España), LBUS(Sibiu-Rumania), UNIPD (Padova-Italia), UW (Varsovia-Polonia).

EMUNDUS 9

A Vicerreitoría de Política Internacional da USC convocou bolsas de mobilidade para diversas universidades de Asia Central para o curso académico 2010/2011, dentro do Programa Erasmus Mundus External Cooperation Window. A finalidade das bolsas é dar aos beneficiarios a posibilidade de realizaren estadías académicas que serán recoñecidas pola USC, se conseguen naquelas o nivel esixido. O programa cobre o importe do billete de avión a destino (ida e volta) e un seguro médico adicional así coma unha bolsa.