Saltar ao contido principal
Inicio  »  Goberno  »  Reitoría  »  Portal internacional  »  Erasmus Prácticas

USC Internacional

8_practicas 2

No marco do programa Erasmus, a USC mantén aberta unha convocatoria de bolsas de mobilidade de estudantes para a realización de práctica en empresas, centros de formación ou de investigación e noutras organizacións de Europa.

Os alumnos interesados deberán propor unha empresa da súa elección para a realización deste período formativo, que será recoñecido e incluirase no expediente académico do estudante. O período de prácticas no estranxeiro terá unha duración mínima de tres meses e máxima de seis, e deberá realizarse nunha empresa elixible de calquera país membro da UE, países da AELC/EEE (Islandia, Liechtenstein e Noruega) ou países asociados (Bulgaría, Romanía e Turquía).

Para concorrer a esta convocatoria, as persoas interesadas deben posuír a nacionalidade dun dos países participantes no Programa Erasmus; estar matriculado nun programa de estudos oficiais da USC, incluídos os estudos de posgrao e doutoramento; superar, como mínimo, o 50 por cento dos créditos correspondentes á titulación; e non participar con anterioridade no Programa Leonardo da Vinci.

 

CALENDARIO DE CONVOCATORIAS DE MOVILIDADE NA USC CURSO 2012-2013

 

Convocatoria de bolsas de mobilidade de estudantes para prácticas en empresas en Europa 2012-13

 

Convocatoria de bolsas de mobilidade de estudantes para prácticas en empresas en Europa 2011-12

--------------------------------------------------------------------------------

Convocatoria de bolsas de mobilidade de estudantes para prácticas en empresas en Europa 2010-11