Saltar ao contido principal
Inicio  »  Goberno  »  Reitoría  »  Portal internacional  »  Estudiantes

USC Internacional

2_apoyo 1 gal

Estudantes da USC


A USC participa en múltiples programas e axudas que permiten a calquera estudante propio de todos os niveis académicos ampliar a súa experiencia formativa noutras institucións educativas. Neste espazo orientamos sobre todos os tipos de programas, tanto de mobilidade como cooperación, para que se poida consultar, segundo os intereses persoais e elixir como completar a formación. Cada programa ten máis información no enlace do título. Ademais para orientar persoalmente calquera estudante pódese dirixir ao Responsable Académico de Mobilidade (RAM) de cada centro ou á Oficina de Relacións Exteriores (ORE).

Programas

  • Erasmus: Este programa potencia a mobilidade europea para a realización de estudos e o recoñecemento académico de estudos de grao, posgrao e doutoramento no seo da Unión Europea.
  • Erasmus Prácticas: Realización dun período de prácticas para estudantes durante un período de tempo nunha empresa ou organización doutro país europeo.
  • Europracticum / Leonardo da Vinci: Dirixido a titulados/as da USC que desexen realizar prácticas profesionais en empresas e institucións da Unión Europea.
  • Erasmus Mundus External  Cooperation Windows: Programa de cooperación e mobilidade para nacionais da UE e terceiros países para formación de grao, posgrao e posdoutorado.
  • Sicue / Séneca: Mobilidade de estudantes entre universidades españolas para posibilitar que cursen parte dos seus estudos nunha universidade distinta á súa.
  • Mobilidade de estudantes por convenio bilateral: A Universidade propicia o establecemento de relacións con outras universidades, organizacións ou institucións a través de convenios.
  • Programa Suiza:  Mobilidade para realizar estudos en diferentes universidades suizas
  • Programa de intercambio ISEP: Intercambio e renovación para cursar estudos nas universidades estadounidenses e de Porto Rico integradas na Rede ISEP
  • Programa TASSEP: Intercambio de estudantes entre universidades europeas, estadounidenses e canadenses.
  • Bolsas MAEC -AECID: Formación, xeralmente de posgrao, do Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación de España para mozos titulados/as estranxeiros e españois.
  • Bolsas Banco Santander / USC: Formación de posgrado entre a USC e universidades de América Latina.
  • Bolsas Bancaja: Fomentan a mobilidade realización de estudos en Iberoamérica e outros países de fóra do Espazo Europeo de Educación Superior.

Mobilidade con Francia

Francia

O Sr. Gilles Desrocques, agregado de Cooperación Universitaria da Embaixada de Francia, presenta os programas educativos e bolsas para estudar en Francia. As posibilidades de mobilidade, grazas aos acordos entre as universidades francesas e a USC a través de convenios, tamén ofrecen a posibilidade de establecer títulos conxuntos como os creados por varias universidades españolas. A presentasción adxunta recolle aqueles aspectos interesantes para realizar a mobilidade como características dos estudos en Francia, programas conxuntos e tipos de axudas complementarias.    pdf Mobilidade con Francia [pdf - 528 kb][Actualizado: 25/3/10]

 

 

Estudantes de outras Universidades


A USC participa en múltiples programas e axudas que permiten a calquera estudante doutras institucións educativas de calquera país ampliar a súa experiencia formativa en todos os niveis académicos. Neste espazo orientamos sobre todos os tipos de programas, tanto de mobilidade como cooperación, para que se poida consultar, segundo os intereses persoais e elixir como completar a formación. Cada programa ten máis información no enlace do título. A orientación persoal para calquera estudante sobre os requisitos de cada programa e procedementos é responsabilidade da Oficina de Relacións Exteriores (ORE). Tamén se pode dirixir ao correo de información na sección de ligazóns na páxina de inicio de USC Internacional.

Durante a instancia dun estudante na USC sempre dispón de orientación persoal co Responsable Académico de Mobilidade (RAM) de cada centro e o programa PAE de acompañamento con estudantes da USC voluntarios.

Programas

  • Erasmus: Este programa potencia a mobilidade europea para a realización de estudos e o recoñecemento académico de estudos de grao, posgrao e doutoramento no seo da Unión Europea.
  • Erasmus Prácticas: Realización dun período de prácticas durante un período de tempo nunha empresa ou organización doutro país europeo
  • Erasmus Mundus External  Cooperation Windows: Programa de cooperación e mobilidade para nacionais da UE e terceiros países
  • Sicue / Séneca: Mobilidade de estudantes entre universidades españolas para posibilitar aos estudantes cursar parte dos seus estudos nunha universidade distinta á súa.
  • Mobilidade de estudantes por convenio bilateral: A Universidade propicia o establecemento de relacións con outras universidades, organizacións ou institucións a través de convenios.
  • Visiting Student Programme: Programa para aumentar as posibilidades de mobilidade dos programas institucionais en canto ao limite de prazas.
  • Bolsas Banco Santander / USC: Formación de posgrao entre a USC e universidades de América Latina.
  • Becas MAEC - AECID: Formación, xeralmente de posgrao, do Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación de España para mozos titulados/as estranxeiros e españois.
  • Bolsas Santander / CRUE:  Bolsas para estudos de Posgrao, Terceiro Ciclo e Doutoramento destinadas a estudantes iberoamericanos.
  • Programa Volangteer / Programa de Acompañamiento de Estudantes Extranxeiros (PAE): Os voluntarios do programa proporcionaranlles orientación e apoio aos estudantes estranxeiros que chegan a Santiago ao amparo dos programas de intercambio para que se poidan adaptar canto antes á USC e á sociedade galega. Entre as actividades do programa fortalécese o coñecemento da lingua galega. Desta forma poderanse crear novas relacións de amizade, profesionais, académicas ou científicas con xente doutras partes do mundo.