Saltar ao contido principal
Inicio  »  Goberno  »  Reitoría  »  Portal internacional  »  Euraxess

USC Internacional

11_iniciativas 4

Rede europea EURAXESS

O Centro Galego de Mobilidade de Investigadores ten o obxectivo de crear un contorno máis favorable para o desenvolvemento da carreira investigadora e promover a mobilidade internacional e intersectorial. O ámbito de competencia do centro abarca as tres universidades galegas: a Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo.

O Centro Galego de Mobilidade de Investigadores forma parte da Rede española de Centros de Mobilidade e da Rede europea EURAXESS. Ofrece información e asesoramento a investigadores que veñen ou regresan a Galicia, a organismos galegos que buscan investigadores no estranxeiro e a investigadores galegos que, como parte da súa carreira, realizan unha estadía fóra do noso país.

A través deste centro o investigador atopará:

  • Información: administrativa (visados, impostos, etc); profesional (investigación en Galicia, etc); diaria e cultural (aloxamento, asistencia médica, colexios, etc) 
  • Asistencia cos centros de mobilidade en España (www.eracareers.es )
  • Anuncios de vacantes e información sobre programas de mobilidade en Galicia.

Os organismos de investigación poderán atopar:

  • Información de interese sobre recursos humanos en investigación, mobilidade de investigadores e política científica europea.
  • Ao candidato ideal na base de datos internacional do Researchers Mobility Portal http://ec.europa.eu/euraxess
  • Anunciar vacantes de investigación a nivel internacional no Researchers Mobility Portal.

Responsable do Centro Galego de Mobilidade de Investigadores:

Sonia Cordido Méndez

Oficina de Relacións Exteriores

Casa Jimena e Elisa Fdez de la Vega

Casas Reais nº 8

15782 Santiago de Compostela (A Coruña)

Tel. 981 563100 Ext. 12855

Fax. 981 578017

sonia.cordido@usc.es