
En 1993, Ano Santo Compostelán, a Universidade de Santiago de Compostela comezou os contactos con outras institucións de ensino superior situadas na contorna do Camiño de Santiago, coa intención de establecer unha rede universitaria que permitise a estreita colaboración das universidades para a preservación do patrimonio histórico e cultural nado ao amparo dese camiño de peregrinación a Compostela que percorreu Europa desde o século IX. O Camiño de Santiago foi sempre, e continúa séndoo hoxe en día, un lugar de encontro para xentes procedentes de distintas rexións, constituíndose nun privilexiado marco para a creación dunha identidade e unha conciencia europea a través do intercambio de ideas, coñecementos e experiencias. Por esta razón, a Comisión Europea designou ao Camiño de Santiago Primeiro Itinerario Cultural Europeo, e a UNESCO outorgou á cidade compostelá o rango de Patrimonio da Humanidade.
O Grupo Compostela de Universidades ten como obxectivo "compartir o camiño do coñecemento" co apoio entre seus membros e ao servizo da sociedade.
Grupo Compostela : http://www.gcompostela.org/
As Universidades Membros do grupo Compostela poderán xestionar as súas solicitudes ao Programa Stella de mobilidade en países de Europa e de América a través da secretaría do grupo:lucia.castro@usc.es
O obxectivo deste programa é proporcionar oportunidades para a mobilidade do persoal administrativo, de aumentar a experiencia intercultural e compartir experiencia na xestión de persoal mediante dúas semanas de intercambios entre os membros da universidade dentro do grupo de Compostela.
Call 2010: Guia do programa
Directrices_ES_STELLA10 [pdf - 38 kb][Actualizado: 23/12/09]