
A política educativa definida pola USC busca ofrecer o noso coñecemento e colaboración, e potenciou o intercambio a través de programas internacionais e programas propios que permiten a estancia na nosa institución ou da visita de grupos para compartir e debater a través de numerosos eventos . Para favorecer este intercambio consolidáronse as relacións estables con organismos internacionais, con institucións educativas de todo o mundo, con organizacións sen ánimo de lucro, con empresas e asociacións de carácter social que comparten os mesmos obxectivos de mobilidade internacional.
O Vicerreitorado, respondendo ao interese da comunidade universitaria, busca recursos adecuados ás necesidades de todos os membros universitarios e apoia as iniciativas de todos os que queiran participar. Eses recursos e oportunidades das que falamos representan un conxunto extenso e disponible de programas que se vai ampliando todos os anos. O Vicerreitorado tamén realiza o esforzo de coordinar e establecer as estruturas adecuadas a través dos seus servizos e a colaboración cos restantes vicerreitorados para soster estas iniciativas.
Esta web específica que denominamos USC Internacional é un espazo de comunicación e apoio que permite coñecer todos os programas e dispor do asesoramento e información necesaria para elixir entre as múltiples propostas.
Os diferentes programas propoñen actividades específicas para os distintos membros universitarios: estudantes, docentes, investigadores, responsables ou coordinadores de mobilidade e persoal de xestión e administración.
As actividades dirxesen a obxectivos distintos e abarcan todas as liñas de mellora da calidade na Educación Superior:
Nesta páxina USC Internacional pódense consultar todos os programas dirixidos aos distintos membros ou, se xa se elixe en cal participar, irmos á sección onde se actualiza constantemente a información de convocatorias e documentación necesaria para solicitar e apoiar todo o proceso.