Saltar ao contido principal
Inicio  »  Goberno  »  Reitoría  »  Portal internacional  »  PAS

USC Internacional

2_apoyo 4 gal

Nos programas de cooperación e mobilidade tamén se reforza a colaboración entre o Persoal Administrativo e Xestor das institucións para establecer relacións, consolidación de redes, apoio á preparación de recursos humanos, etc... que permiten o coñecemento e a coordinación no funcionamento das institucións. A posibilidade de coñecer o funcionamento dos centros, as estruturas e recursos dispoñibles, e os responsables respectivos en cada institución facilitará a consolidación de relacións e a organización da mobilidade de todos os membros. Para esas estancias organízase un programa previo coordinado co centro receptor para que todos os obxectivoss se cumpran. 

Programas

  • Programa de Cooperación e Intercambio (PCI). Axudas para a realización de proxectos conxuntos de investigación, proxectos conxuntos de docencia, accións complementarias e accións integradas para o fortalecemento institucional do PCI.

 


Convocatoria Mobilidade PAS dentro do programa Erasmus

Neste programa de mobilidade as estadías son de cinco días de formación como máximo, sen contar os desprazamentos, e o período para a súa realización comprende ata o 30 de setembro. Planificarase a actividade a través dun programa de traballo. As actividades que se poden propor son diversas: visitas de estudo (seminarios, obradoiros, cursos, conferencias, etc...), breves comisións de servizo, observacións do traballo realizado por outros profesionais. As axudas son compatibles con outras, tanto públicas como privadas.