
SICUE é o acrónimo de Sistema de Intercambio entre Centros Universitarios Españois. Convócao o Ministerio de Educación e Ciencia, a través da Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE) que permite os estudantes realizar unha parte dos seus estudos noutra universidade española, con garantías de recoñecemento académico e aproveitamento, así como de adecuación ao seu perfil curricular.
Posteriormente o Ministerio de Ciencia e Innovación creou o Programa Español de Axudas para a Mobilidade de Estudantes Universitarios “Séneca”, en apoio ao sistema de mobilidade aprobado pola CRUE, configurando un sistema de bolsas ou axudas ao intercambio.
Para incidencias técnicas relativas á solicitude en liña, contactar con: secretaría.virtual@usc.es
O Ministerio de Educación ante os problemas xerados polo novo sistema de solicitude telemático, decidiu ampliar o prazo para a presentación de solicitudes das bolsas Seneca ata o 19 de maio de 2011. Orden EDU/1186/2011, de 11 de mayo
ORE: convocatorias, resoluciones, formularios, documentación etc.