Saltar ao contido principal
Inicio  »  Goberno  »  Reitoría  »  Portal internacional  »  Tempus

USC Internacional

9_cooperacion 4

O obxectivo global do Programa será axudar a facilitar a cooperación no ámbito da Educación Superior. Para iso establece dous instrumentos de cooperación:

  • Proxectos conxuntos: trátase de proxectos que adoptan un enfoque «ascendente» e están encamiñados á modernización e a reforma a nivel institucional (universidades). Os proxectos conxuntos teñen como obxecto a modernización dos programas de estudos e da xestión das universidades mediante a transferencia de coñecementos entre universidades, organizacións e institucións da UE e dos países socios, así como entre entidades dos países socios, cando cumpra.
  • Medidas estruturais: proxectos que pretenden contribuír ao desenvolvemento e a reforma dos sistemas de Educación Superior dos países socios, mellorar a súa calidade e a súa pertinencia e potenciar a súa converxencia coa evolución a nivel da UE. As medidas estruturais concretaranse en intervencións destinadas a apoiar a reforma estrutural dos sistemas de Educación Superior e a elaboración do marco estratéxico a nivel nacional.

Co programa Tempus a UE invita ás institucións dos Estados membros e dos países asociados a que realicen proxectos europeos conxuntos de tres anos de duración como máximo. Os proxectos europeos conxuntos deben incluír, polo menos, unha universidade dun país destinatario, unha universidade dun Estado membro e un centro asociado (universidade, empresa ou institución) doutro Estado membro.

 A USC coordina o programa Tempus MUQ " Management de Université pour la Qualité" e participa noutros Tempus:

Tempus Europa: http://eacea.ec.europa.eu/tempus/index_en.php