Certificáronse, segundo a norma UNE-EN-ISO 9001, unha serie de procesos da Área Académica, que engloba o Servizo de Xestión Académica e o Servizo de Xestión da Oferta e Programación Académica. Dentro do Servizo de Xestión Académica certificáronse os seguintes procesos: xestión dos procesos de admisión e matrícula, recepción de actas e títulos, libre elección e recoñecemento de actividades, adaptacións e validacións, actos académicos e certificacións para titulacións oficiais e propias de primeiro e segundo ciclo. Dentro do Servizo de Xestión da Oferta e Programación Académica certificáronse: a oferta da libre elección, a determinación do límite de prazas e a planificación académica anual (elaboración e aprobación do PDA, elaboración e aprobación do POD e confeción da oferta académica) para titulacións oficiais e propias de 1º e 2º ciclo.
Certificado da Área académica [jpg - 192Kb]
Certificáronse, segundo a norma UNE-EN-ISO 14001 os procesos do Servizo de Prevención de Riscos relativos á xestión da prevención de riscos laborais, da vixilancia da saúde do persoal, da vixilancia e seguridade no traballo, do almacenamento, a coordinación e a entrega ao xestor autorizado dos residuos perigosos xerados e da vixilancia e control documental dos aparellos e dispositivos con fonte de radiacións ionizantes existentes na USC.
Certificado do Servizo de Prevención de Riscos Laborais [jpg - 190Kb]
Do Instituto de Cerámica de Galicia certificáronse, segundo a norma UNE-EN-ISO 14001:1996, as actividades de investigación, desenvolvemento e innovación en materiais cerámicos, materiais metálicos e rocas industriais, a realización de ensaios fisicoquímicos e a determinación de propiedades físicas en materiais cerámicos, materiais metálicos e rocas industriais.
Certificado do Instituto de Cerámica sobre algunhas actividades [jpg - 194Kb]
O Instituto de Cerámica de Galicia ten implantado un sistema de Xestión Medioambiental que cumpre os requisitos do Esquema Europeo de Ecogestión y Ecoauditoría (EMAS) para as actividades de: investigación, desenvolvemento e innovación en materiais cerámicos, materiais metálicos e rocas industriais, a realización de ensaios fisicoquímicos e a determinación de propiedades físicas en materiais cerámicos, materiais metálicos e rocas industriais.
Certificado do Instituto de Cerámica sobre xestión medioambiental [jpg - 253Kb]
O Instituto de Cerámica está acreditado por ENAC para a realización de ensaios de materiais cerámicos de arxila cocida, de acordo cos requisitos da norma UNE-EN-ISO/IEC 17025.
Certificado do Instituto de Cerámica sobre ensaios [jpg - 148Kb]
O Departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía acreditou, segundo os criterios recollidos na norma UNE-EN-ISO/IEC 17025, o Laboratorio de Hixiene, Inspección e Control de Alimentos para a realización de análises de residuos zoosanitarios.
O Instituto de Ortopedia e Banco de Tecidos Musculoesqueléticos en colaboración con Zimmer, S.A. implantou un sistema de xestión de calidade dentro do sector de produción, marketing e distribución de cultivos de tecidos de células somáticas autólogas para terapia celular humana.
Certificado do Instituto de Ortopedia e Banco de Tecidos Musculoesqueléticos [jpg - 43Kb]
O Instituto de Investigación e Análises Alimentarias certificou, segundo a norma UNE-EN-ISO 9001:2000, o Laboratorio de Microbioloxía para a análise de: augas superficiais destinadas á produción de auga potable, augas potables destinadas ao consumo público, augas subterráneas (pozos e manantiais) destinadas ao consumo público, augas envasadas, augas de baño, augas de piscinas, auga de mar, augas residuais e outros tipos de augas.
Certificado do Instituto de Investigación e Análises Alimentarias [jpg - 87Kb]
Os Laboratorios de Enxeñaría Ambiental e Bioprocesos e Tecnoloxía Ambiental do Instituto de Investigacións Tecnolóxicas; o Laboratorio de Química Física do Medio Ambiente da Facultade de Química e o Laboratorio de Química Analítica do Instituto de Investigacións e Análises Alimentarias cumpren as condicións que permiten á USC obter o Título de Idoneidade como Empresa Colaboradora dos Organismos de Cuenca en materia de control de vertidos de augas residuais, concedido pola Dirección General de Obras Hidráulicas y Calidad de las Aguas do Ministerio de Medio Ambiente.
Páxina 1 do certificado [jpg - 141Kb]
Páxina 2 do certificado [jpg - 149Kb]
Páxina 3 do certificado [jpg - 114Kb]
O Laboratorio de Microbioloxía pertencente ao Instituto de Investigación e Análises Alimentarias renovou o seu certificado, segundo a norma UNE-EN-ISO 9001:2000, para a análise microbiolóxica de augas, e conseguiu a súa ampliación para a análise microbiolóxica de alimentos e mostras clínicas.
Certificado do Laboratorio de Microbioloxía [jpg - 352Kb]
Outorgado á Estación de Hidrobioloxía Encoro do Con, servizo da USC que ofrece as instalacións e medios axeitados para o estudio dos ecosistemas acuáticos continentais.
Selo EFQM da Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con [jpg - 236Kb]