O museo da Casa da Troia foi inaugurado o 27 de febreiro de 1993; está xestionado por un Padroado, formado pola Asociación de Antigos Tunos Composteláns, o Concello de Santiago de Compostela, a Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela. Na restauración do edificio mantivéronse a estructura, a configuración e os materiais de construcción. Todo o mobiliario é da segunda metade do século XIX.
O edificio foi construído a mediados do século XVIII. Consta dun soto, tres andares e un pequeno ático. Desde o ano 1886 ata 1906 funcionou como pensión de estudiantes; logo pasarían diversas familias ata a década de 1960, na que é pechada, debido ó seu mal estado.
O 24 de marzo de 1966, no programa de radio "Vostedes son formidables", presentado por Alberto Oliveros, propúxose recadar 500.000 pesetas para adquirir a vella hospadaría estudiantil da Troia, e rehabilitala. A emisión comezou as 11 da noite, e as 12 e media xa foran acadados tódolos cartos. A casa cómprase, pero a súa rehabilitación non é un feito ata os anos noventa. Convértese nunha evocación do que foi unha pensión de estudiantes de finais do século XIX, reunindo unha colección de mobles, cadros, fotografías, obxectos e elementos que pertencerán a algunhas das persoas que inspiraron a novela, como Manuel Casás (Manolito Casás), Javier Puig (Javierito Flama), e, por riba de todo, Jacobo Gil Villanueva (Don Servando). A casa abre as súas portas como museo o 27 de febreiro de 1993, na rúa da Troia, n° 5.
A entrada da pensión está formada por un limiar ou zona de paso, utilizada tanto polas persoas como polos animais. Desde este lugar, a casa divídese en dúas partes ben diferenciadas: a vivenda propiamente dita, e as cabalerizas; estas últimas foron acondicionadas como un pequeno salón de reunións, e conservan aínda as peculiares escaleiras utilizadas para o mellor equilibrio das bestas ó baixar ó seu lugar de descanso. É un dos poucos exemplos que aínda se manteñen na cidade. Adentrándonos na pensión situámonos na sala de respeto, pequena estancia utilizada durante as visitas dos familiares dos estudiantes; o comedor, tamén rehabilitado como lugar de estudio e sobre todo, como lugar de ensaio da Tuna Compostelá. No segundo andar atópanse os dormitorios, un colectivo e outro individual, ó cal se tiña dereito sé se pagaba unha peseta máis. Esta habitación ocúpaa na novela o protagonista, "Gerardo Roquer". E no ático, a cociña, situada na zona alta da casa, para o mellor aproveitamento da luz natural do día e rápido desaloxo do fume da lareira, e un pequeno dormitorio, que pertence na novela a "Dona Generosa", a patroa.
O 16 de novembro de 1980 constitúese o Padroado da Casa da Troia, sendo rector da Universidade de Santiago de Compostela José María Suárez Núñez, alcalde de Santiago José Souto Paz, e presidente da Asociación de Antigos Tunos Fernando Vieitez Faya.
O Padroado nace coas seguintes finalidades:
Actualmente o Padroado está formado por: