Saltar ao contido principal
Inicio  »  Información xeral  »  A USC e o galego  »  Aprender galego

Aprender galego

O galego é unha lingua románica, polo que se xa sabes algunha outra (sobre todo castelán, catalán, italiano, portugués...) terás moito camiño andado: axiña, se pos ben o oído, serás quen de entender perfectamente o fundamental. En caso de dúbidas, pregúntalle sen medo ao teu interlocutor, que seguro che axudará amablemente. Son moitos os estudantes de fóra de Galicia que levan pasado pola USC sen que se producisen problemas a este respecto.

O galego pode ser a chave que che abra as portas de calquera outra das linguas románicas. Galicia dáche a oportunidade de aprender asemade o castelán e o galego, e esta última, ademais, pode introducirte no portugués debido á súa similitude, pois son linguas irmás que comparten a orixe: ata ben entrada a Idade Media resultaba imposible distinguilas. O portugués fálase en Portugal, Brasil, Angola, Cabo Verde...: é a oitava lingua máis falada do mundo. Como ves, co galego podes achegarte a países e persoas que nin pensaras.

Podes afacerte a el antes de vires a Galicia:

Unha vez aquí, a USC proponche:

Aínda tes dúbidas? Consúltaas no Servizo de Normalización Lingüística da USC.