Saltar ao contido principal
Inicio  »  Información xeral  »  Manual de Imaxe Corporativa e Identidade Visual  »  Identidade visual. Publicacións e documentación

Identidade visual. Publicacións e documentación

Un estilo

O uso da función expresiva exercida pola imaxe e o seu estilo unificado busca cumprir coas esixencias de comunicación da USC e establecer a súa propia existencia con respecto a outras propostas.

O estilo debe responder á globalidade de mensaxes da USC, tanto públicas como privadas. O xeito de comunicarse constitúe a primeira imaxe, e a máis importante, que a sociedade recibe da realidade da USC.

Podemos considerar o estilo como unha serie de accións que deben reflectir a fisonomía e a identidade da USC. Accións organizadas e dirixidas ao interior da sociedade e do mercado con formas claramente perceptibles, coordinadas, flexibles e contemporáneas.

A necesidade de responder adecuadamente ás esixencias do mercado fai que o proceso de creación e mantemento da unidade de accións deba ser continuamente controlado en base principalmente a catro parámetros:

  • a calidade
  • o tempo
  • o espazo
  • os destinatarios

Só así se poderá crear un estilo persoal que exprese e represente todo o fluxo de comunicacións provenientes da USC, de xeito que o usuario, atopándose cun elemento da imaxe poida construír o estilo na súa globalidade.

Deseño unitario

O deseño unitario de todos os elementos básicos de comunicación permitirá ao lector:

  • recoñecer á USC entre as varias manifestacións doutras propostas universitarias;
  • subliñar gráfica e estilísticamente o momento histórico cultural no que a USC se posiciona;
  • expresar de xeito simbólico o carácter da institución;
  • remitir aos contidos internos e externos da USC.

A forza da imaxe

Neste sentdio é fundamental o uso de fotografías. Estas dan realismo e autenticidade ao documento sinalando un referente determinado. Só deste xeito o lector percibirá a información que se lle dá como real, chamará a súa atención e isto moverao a dar unha determinada resposta. A información non debe ser tan só contada senón mostrada.

O material fotográfico debe ser atentamente seleccionado. Só unha boa fotografía capta a nosa atención, implícanos e cóntanos unha historia.

Atopámonos acotío expostos a unha gran cantidade de información pero só unha parte dela permanece na nosa memoria e é obxecto da nosa atención. Principalmente aquela que responde a necesidades e anhelos do individuo. Neste sentido, as imaxes non só contextualizarán a información que se ofrece senón que, ademais, reflectirán os ideais do lector.

A todos os elementos incluidos neste apartado (agás a portada de Comunicacións do Consello de Goberno) aplicaráselles o logotipo da USC de usos xerais. Salvo por este aspecto, os exemplos recollidos neste apartado son soamente orientativos e non vinculantes.

A importancia do público receptor

A elección do material fotográfico farase en base ao público ao que nos dirixamos:

  1. Estudantes e futuros estudantes. Estilo novo, desinhibido, dinámico, moi humanizado. O estudo non é incompatible coa diversión. O estilo debe transmitir a posibilidade de vivir na USC unha experiencia vital de especial intensidade.
  2. Empresas. Perfil tecnolóxico. O estilo debe vincularse á tecnoloxía, ao dinamismo, á modernidade, á eficiencia, ás arquitecturas contemporáneas, aos laboratorios, ás TIC, etc.
  3. Profesores e PAS. Personal interno. Estilo institucional e sobrio (é importante que os elementos de comunicación interna non suxiran que se están malgastando os recursos).
  4. Sociedade. O estilo ten que equilibrar modernidade e tradición: un estilo institucional, pero con toques de modernidade. Buscar unha síntese entre o perfil humanizado da comunicación aos estudantes e o perfil tecnolóxico da comunicación ás empresas.

Tipografías corporativas

A tipografía que se recomenda para os elementos de identidade visual da USC é unha Sans Serif. Especialmente a "News Gothic BT Condensed" nas súas versións Normal, Bold, cursiva e non cursiva.

Tipografías corporativas

Folletos informativos/promocionais

O elemento básico informativo e promocional da USC é o folleto informativo.

O tamaño recomendado pola súa versatilidade e facilidade de ensobrado é o formato 10x21cm pechado.

No deseño recoméndase que o elemento frontal sexa preferentemente fotográfico, incluíndo na parte frontal o logotipo da USC e a entidade, departamento ou organismo emisor responsable da edición.

Na parte posterior colocarase o logotipo da USC e os enderezos ou datos de contacto que sexan precisos.

As características fundamentais desta proposta son:

  • o uso da fotografía como principal recurso gráfico;
  • un cadrado de 62x45 mm na cor azul corporativa como elemento de unidade entre a serie de folletos.

Exemplo de folleto informativo/promocional 1

Exemplo de folleto informativo/promocional 2

Exemplo de folleto informativo/promocional 3

Exemplo de folleto informativo/promocional 4

Exemplo de folleto informativo/promocional 5

Exemplo de folleto informativo/promocional 6

Folletos informativos/promocionais. Reverso.

Exemplo de reverso de folleto informativo/promocional

Informes

Os informes publicados pola USC son tamén un importante elemento de imaxe e deben enmarcarse na identidade visual institucional a través do respecto aos seus elementos.

O rectángulo de cor pode cambiar a tonalidade para crear unha diferenza máis evidente entre os diferentes informes.

Exemplo de portada de informe

Comunicacións do Consello de Goberno

As comunicacións do Consello de Goberno son un elemento máis de imaxe e deben enmarcarse na identidade visual institucional a través do respecto aos seus elementos.

Portada As comunicacións do Consello de Goberno son un elemento máis de imaxe e deben enmarcarse na Identidade visual Institucional a través do respecto aos seus elementos.

Portada de comunicación do Consello de Goberno

Contraportada

Contraportada de comunicación do Consello de Goberno

Teses

As teses deben enmarcarse na identidade visual institucional a través do respecto aos seus elementos.

Modelo indicativo de como empregar o logotipo en teses.

Exemplo de portada de tese 1

Exemplo de portada de tese 2

Soportes dixitais

CD-ROM

Recoméndase que o deseño da documentación dixital manteña os dous elementos gráficos da identidade visual da USC:

  • o rectángulo azul,
  • e o elemento fotográfico.

Carátula de CD-ROM

  Cuberta do CD-ROM

DVD

Recoméndase que o deseño da documentación dixital manteña os dous elementos gráficos da identidade visual da USC:

  • o rectángulo azul,
  • e o elemento fotográfico.

  Carátula de DVD

  Cuberta do DVD

Usos incorrectos

Usos incorrectos