Para referenciar esta páxina empregue o enderezo: http://www.usc.es/imaxeusc
No Consello de Goberno de 21 de decembro de 2005 aprobouse a modificación do Manual de Imaxe Corporativa e Identidade Visual da USC.
Manual de Imaxe Corporativa e Identidade Visual [pdf - 2606Kb][Modificado: 02/04/2007]
O presente Manual de Imaxe Corporativa e Identidade Visual é un elemento de fortalecemento e mellora da identidade corporativa e dos valores diferenciais da Universidade de Santiago de Compostela.
A USC modifica a súa imaxe corporativa para mellorar a súa percepción pública e proxectar no seu contorno os trazos de excelencia e de distinción propios da institución.
Os atributos actualizados da USC concrétanse nunha nova proposta de identidade.
A marca USC é a imaxe global que a USC proxecta cara á sociedade.
A marca USC é un concepto amplo que se pretende que sexa asociado a todas as ideas, opinións, percepcións, xuízos e valores que o público en xeral ten sobre a institución.
A marca USC identifica a personalidade da Universidade ante o público en xeral e ante os propios membros da comunidade universitaria: estudantes, persoal docente e investigador, e persoal de administración e servizos.
Xestionar a marca USC é xestionar a imaxe que a sociedade ten da Universidade de Santiago de Compostela.
Os valores de marca deben cumprir dúas condicións:
A USC ten pola súa historia, e tamén pola súa realidade actual e a súa planificación do futuro (a curto e medio prazo), uns valores que a caracterizan, como son:
Neste Manual de Imaxe Corporativa desenvólvense dous pasos fundamentais na configuración dunha nova estratexia de comunicación da USC:
Trátase en definitiva de modernizar a identidade visual da USC adaptándoa aos obxectivos estratéxicos da Universidade.
