O logotipo da Universidade de Santiago de Compostela está formado por dous elementos complementarios:
O logotipo ten tres funcións básicas:
Os principios de configuración do logotipo son os seguintes:
Os tres elementos básicos das siglas da Universidade de Santiago de Compostela son: as siglas USC, o cadrado azul e o nome completo da institución.
As letras SC están inscritas en negativo nun cadrado azul escuro ou negro (en función da reprodución da cor que vaia empregarse). Estas letras son o elemento máis importante do logotipo posto que significan ao mesmo tempo Santiago de Compostela e Sociedade do Coñecemento.
A letra U sitúase fóra do cadrado proporcionando movemento e asimetría ao conxunto.
Dentro do cadrado azul (ou negro na versión en escala de grises), composto en negativo, sitúase en tres liñas a identificación verbal institucional (o nome completo) da Universidade de Santiago de Compostela.
Especifícanse aquí as relacións de proporción e tamaño entre os distintos elementos das siglas da USC.
Estas pautas de construción son aplicables tamén á versión en negro das siglas.
SC: Santiago de Compostela e Sociedade do Coñecemento
As siglas USC, compostas na tipografía "Utopia" (que tamén é un valor para a USC), intentan recoller, no seu deseño tipográfico, as ideas forza da marca.
Trátase dunha tipografía con remate pero de vocación contemporánea, equilibrada e de xenerosos brancos.
A súa rotundidade e o seu peso institucional poténciase coa utilización dun bordo para as letras que as dota de maior peso específico. Orixinal e con personalidade propia, o repertorio tipográfico é sobrio, institucional e perenne.
Identificación verbal institucional
O nome completo da institución componse en tipografía "Lucida", unha familia de letras con remates rotundos, ideada para o seu emprego con excelentes resultados en tamaños pequenos e en pantalla.
Esta tipografía, pola súa variedade, o seu compromiso entre modernidade e vangarda, e a súa calidade e personalidade, convértese na tipografía base da Universidade de Santiago de Compostela.
O cadrado azul e as cores corporativas
O elemento gráfico máis importante das siglas é un cadrado azul que representa o espazo simbólico que é a Universidade de Santiago de Compostela. Ese cadrado azul é unha metáfora da Universidade como institución. A "idea forza" que se transmite é que dentro dese cadrado é onde vive o coñecemento.
O cadrado azul é ao mesmo tempo o elemento que crea a continuidade entre as siglas e o sigillum.
As cores das siglas da USC son o azul Pantone © 280 e o branco. O azul escuro substituirase por negro para usos en branco e negro.
A cor azul é un elemento de continuidade entre a identidade visual do sigillum e a das siglas.
O azul Pantone © 280 empregarase como cor distintiva da Universidade de Santiago de Compostela.
Para empregos institucionais e en contextos de alta representación, o sigillum acompañará as siglas do xeito indicado.
O sigillum inscríbese nun cadrado azul de igual tamaño que o cadrado azul das siglas, separados por unha canle de cor branca como se indica nas especificacións de construción.
Especifícanse aquí as relacións de proporción e tamaño entre os distintos elementos das siglas cando estas van acompañadas do sigillum.
Estas pautas de construción son aplicables tamén á versión en negro do logotipo.
Para reproducións en branco e negro, o logotipo comporase substituíndo o azul Pantone © 280 por negro 100%.
Para impresións en branco e negro, as siglas con sigillum comporanse substituíndo o azul Pantone© 280 por negro 100%
