Saltar ao contido principal
Inicio  »  Información xeral  »  Manual de Imaxe Corporativa e Identidade Visual  »  Outras aplicacións do logotipo

Outras aplicacións do logotipo

Empregarase o conxunto de identidade adxunto para aqueles casos en que o logotipo deba acompañarse do nome dun organismo, departamento, facultade, vicerreitoría, sección, etc.

Ao lado do logotipo, coas dimensións especificadas nas pautas de construción sitúase o nome do organismo, centrado horizontalmente co cadrado azul.

Para o centrado considerarase como un só elemento todo o texto adxunto ao logotipo (independentemente das liñas que teña).

En caso de que a lonxitude da liña de texto supere o máximo establecido nas pautas de construción o texto separarase en dúas liñas. Neste caso prestarase especial atención a que na liña superior non quede colgando ningunha conxunción, contracción ou preposición que faga referencia ao texto da liña inferior. Neste caso optarase por pasar o elemento á segunda liña.

Establécense dous niveis de xerarquía nos textos:

  • O primeiro nivel componse en Lucida Roman todo maiúsculas
  • O segundo nivel componse en Lucida Roman maiúsculas e minúsculas

Para os dous niveis de xerarquía, os tamaños tipográficos son os establecidos nas pautas de construción e o interliñado automático.

Conxuntos de identidade

Conxuntos de identidade. Construción

Ao lado do logotipo, coas dimensións especificadas nas pautas de construción sitúase o nome do organismo, centrado horizontalmente co cadrado azul.

Para o centrado considerarase como un só elemento todo o texto adxunto ao logotipo (independentemente las liñas que teña).

O tamaño (altura dunha liña) do nome da unidade será 0,12 veces o tamaño (X) do logotipo (ver pauta de construción).

A lonxitude máxima das liñas de texto establécense en 2,5 veces o tamaño do logotipo (ver pauta de construción).

Cando se trate dunha ou dúas liñas de texto todo maiúsculas (xerarquía de primeiro nivel) utilizaranse as relacións adxuntas entre o texto e o logotipo.

En caso de empregar dúas liñas de texto terase en conta o tamaño da tipografía proporcional con interliñado automático.

Construción do conxunto de identidade

Cando se trate dunha ou dúas liñas de texto todo maiúsculas (xerarquía de primeiro nivel) acompañadas dunha ou dúas liñas de texto maiúsculas-minúsculas (segundo nivel) utilizaranse as relacións adxuntas entre os textos e o logotipo.

O espazo entre os dous niveis de xerarquía é o establecido nas pautas de construción.

O tamaño (altura dunha liña) do nome de unidade será de 0,12 veces o tamaño (X) do logotipo (ver pauta de construción).

En caso de empregar dúas liñas de texto terase en conta o tamaño da tipografía proporcional con interliñado automático.

Construción do conxunto de identidade con interliñado

Exemplos

Exemplos de conxunto de identidade

Usos incorrectos

Usos incorrectos