Saltar ao contido principal
Inicio  »  Información xeral  »  Manual de Imaxe Corporativa e Identidade Visual  »  Usos xerais. Outras aplicacións

Usos xerais. Outras aplicacións

Os seguintes exemplos contemplan a posibilidade de integración de segundos logotipos na papelaría institucional de usos xerais tanto de unidades estruturais pertencentes á USC como de entidades externas que colaboran con ela. En todos os casos estas aplicacións deben contar coa autorización do reitor ou, no seu caso, de quen teña delegadas as competencias en materia de comunicación.

Unidades internas á USC

Na utilización de segundos logotipos por unidades estruturais pertencentes á USC deberán respectarse as medidas e orde de elementos da papelaría de usos xerais da USC. O segundo logotipo deberá situarse no espazo superior dereito (no cartón de visita e no papel de carta) ou no inferior esquerdo (nos sobres). As súas dimensións máximas veñen marcadas en altura polo propio logotipo da USC e no ancho pola distancia de respecto que debe manterse co cadrado azul da USC. O segundo elemento de identidade irá centrado con respecto ao logotipo da USC (no cartón de visita e no papel de carta) ou aliñado á esquerda (no sobre), e a súa colocación nunca xustificará o desprazamento do da USC.

Entidades externas á USC

A utilización de logotipos de entidades externas á Universidade na papelaría da USC deberá estar xustificada e autorizada. En calquera caso non desvirtuará a papelaría institucional de usos xerais da USC (cores, dimensións e tipografías). Nestas aplicacións os logotipos de entidades externas á USC colocaranse debaixo do da USC (no sobre e no papel de carta) ou ao lado (no cartón de visita), mantendo sempre a distancia de respecto.

Utilización doutros elementos de identidade

O reitor ou, no seu caso, quen teña delegadas as competencias en materia de comunicación, poderá autorizar a utilización na papelaría institucional e material impreso da USC doutros elementos de identidade, tales como identificadores de certificacións de calidade ou de campañas específicas, establecendo a colocación apropiada segundo o caso.

Usos xerais. Outras aplicacións, unidades internas á USC

Cartón de visita

Esta aplicación debe contar coa correspondente autorización

Cartón de visita. Usos xerais. Outras aplicacións

Cartón de visita

Medidas en mm.

Esta aplicación debe contar coa correspondente autorización

Medidas do cartón de visita. Usos xerais. Outras aplicacións

Papel de carta

Esta aplicación debe contar coa correspondente autorización

Papel de carta. Usos xerais. Outras aplicacións

Papel de carta

Medidas en mm.

Esta aplicación debe contar coa correspondente autorización

Medidas do papel de carta. Usos xerais. Outras aplicacións

Sobre 220x110

Esta aplicación debe contar coa correspondente autorización

Sobre 220x110. Usos xerais. Outras aplicacións

Sobre 220x110

Medidas en mm.

Esta aplicación debe contar coa correspondente autorización

Medidas do sobre 220x110. Usos xerais. Outras aplicacións

Usos xerais. Outras aplicacións, entidades externas á USC

Cartón de visita

Esta aplicación debe contar coa correspondente autorización

Cartón de visita. Usos xerais. Entidades externas á USC

Cartón de visita

Medidas en mm.

Esta aplicación debe contar coa correspondente autorización

Medidas do cartón de visita. Usos xerais. Entidades externas á USC

Papel de carta

Esta aplicación debe contar coa correspondente autorización

Papel de carta. Usos xerais. Entidades externas á USC

Papel de carta

Medidas en mm.

Esta aplicación debe contar coa correspondente autorización

Medidas do papel de carta. Usos xerais. Entidades externas á USC

Sobre 220x110

Esta aplicación debe contar coa correspondente autorización

Sobre 220x110. Usos xerais. Entidades externas á USC

Sobre 220x110

Medidas en mm.

Esta aplicación debe contar coa correspondente autorización

Medidas do sobre 220x110. Usos xerais. Entidades externas á USC

Papel de carta

Esta aplicación debe contar coa correspondente autorización

Papel de carta. Usos xerais. Entidades externas á USC. Modelo B

Papel de carta

Medidas en mm.

Esta aplicación debe contar coa correspondente autorización

Medidas do papel de carta. Usos xerais. Entidades externas á USC. Modelo B

Papel de carta. Tipografía

Cando a papelaría deba imprimirse a través dalgún medio no que a tipografía "Lucida Roman" non estea dispoñible optarase pola "Arial Regular" nos formatos e medidas xa sinalados.

Tipografía no papel de carta. Usos xerais

Papel de carta. Tipografía

Medidas en mm.

Medidas da tipografía no papel de carta. Usos xerais.

Usos incorrectos

Usos incorrectos