Saltar ao contido principal
Inicio  »  Información xeral  »  Campus de Lugo

Campus de Lugo

Campus de Lugo

O Campus de Lugo é un espazo con personalidade propia que presenta na cidade da muralla romana unha oferta académica completa, aínda que cunha especial atención ás titulacións da área de Enxeñaría e arquitectura. Son un total de 15 títulos que se agrupan en oito centros asentados na cidade.

A atención ás necesidades da comunidade universitaria complétase con instalacións e servizos específicos no ámbito deportivo ou cultural, así como con iniciativas propias que ofrezan un abano de posibilidades coas que os membros da comunidade universitaria complementan a formación regrada recibida nos graos.

As posibilidades formativas deste campus abranguen igualmente as distintas posibilidades de formación especializada que se concretan en posgraos e másteres a través dos que o estudantado consegue definir aínda máis as súas expectativas profesionais de cara á súa inserción no mercado laboral. O dos másteres é tamén o camiño cara ao doutoramento e a investigación, capítulo no que o Campus lugués posúe unha traxectoria de grande incidencia en ámbitos temáticos diversos

Localización e planos

Localización de Santiago e Lugo no mundo

Plano de Lugo