
A USC foi pioneira no establecemento dun organismo de igualdade na súa organización, adiantándose á normativa estatal vixente (LO 4/2007), coa creación da Oficina de Igualdade de Xénero en 2006. A Oficina ten como misión fundamental levar a bo termo o compromiso da USC coa sociedade na consecución da igualdade, asumindo o principio de igualdade de xénero como elemento fundamental da vida universitaria.
Tras a elaboración do primeiro diagnóstico da igualdade de xénero na USC, o I Plan de Igualdade da USC, para o período 2009-2011, empregouse como unha ferramenta para o logro da igualdade efectiva e a eliminación de todo tipo de discriminación, así como da conciliación da vida persoal, familiar e laboral e a corresponsabilidade.
Para a posta en marcha da elaboración do II Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes (PEIOMH), levouse a cabo a actualización do diagnóstico da situación da USC en materia de igualdade e a avaliación do grao de cumprimento do I PEIOMH (PDF), da que podemos destacar o seguinte:

Accións cumpridas no I PEIOMH (PDF):
A USC conta, ademais, cos seguintes recursos que traballan en materia de xénero: