Saltar ao contido principal
Inicio  »  Información xeral  »  USC Responsable  »  Xestión do capital humano  »  Mobilidade internacional

Mobilidade internacional

Ap6_2

 

A USC fomenta a través do seu Servizo de Relacións Exteriores (SER) a mobilidade nacional e internacional do seu PDI e o seu PAS, e abre as súas portas para recibir a PDI e PAS doutras universidades. Destacan especialmente os programas de mobilidade en Europa (como o Erasmus e o Erasmus Mundus) e fora de Europa (Programa Xeral de Mobilidade Docente en convenios bilateriais para o PDI da USC, Programa Banco Santander/USC para docentes e investigadores de América Latina, ou programa Stella para o PAS).

En relación co PDI, o programa Erasmus ten como obxectivo principal fomentar a mobilidade do persoal docente das institucións de educación superior e empresas para impartir docencia. O programa Erasmus contempla tamén a promoción da mobilidade do persoal docente e demais persoal de institucións de educación superior para recibir formación. Ademais, baixo o programa concédense axuda ás institucións de educación superior para contribuír a crear as condicións óptimas para a realización dos distintos tipos de mobilidade e para coñecer outros centros educativos adecuados para asociarse.

Ademais, no marco do SUG asinouse no ano 2007 un acordo de mobilidade interuniversitaria para o PAS funcionario en virtude do cal as tres universidades galegas comprométense a ofertar postos vacantes para a súa provisión inicial en comisión de servizos por funcionarios/as doutras universidades galegas que desexen trasladarse.