A USC vela pola saúde, seguridade e benestar dos seus traballadores e traballadoras mediante o desenvolvemento de diferentes plans e programas de actuación preventiva que se integran na actividade cotiá da institución, a avaliación dos factores de risco que poden afectar á seguridade e saúde do persoal, e a información e implicación de todos/as os/as empregados/as na mellora continua da acción preventiva, en todos os niveis e estamentos da universidade, posto que as persoas son o eixe central da política de prevención de riscos da USC, cuxos principios atópanse aplicados e actualizados no Plan de Prevención de Riscos Laborais.
A USC comprométese a garantir os mellores niveis de seguridade e saúde e a formar e informar ao persoal dos riscos existentes e das medidas preventivas aplicables ao seu posto. O Servizo Prevención de Riscos, dividido en tres áreas (Seguridade, Hixiene e Ergonomía e Psicosocioloxía), é o encargado de deseñar e implantar a política de prevención de riscos laborais da USC, traballando de xeito coordinado cos centros e co Servizo de Protección Radiolóxica, o Servizo de Vixilancia da Saúde e a Unidade de Xestión de Residuos.
O Servizo Prevención de Riscos publica anualmente unha memoria da súa actividade.