A aplicación das novas tecnoloxías da información e a comunicación resulta esencial para que o noso persoal desempeñe as súas funcións con eficiencia e eficacia. Na USC ofrecemos ao PDI e o PAS a posibilidade de empregar numerosos servizos e aplicacións a través dos que se facilita a realización do seu traballo e a xestión de trámites diversos relacionados coa institución. Destacamos algúns integrados baixo a chamada USC Virtual:
Para o uso de moitas destas aplicacións está a ser esencial a implantación da acreditación da identidade mediante sinatura electrónica. A primeira das aplicacións implantadas na USC foi a relativa á sinatura das actas académicas, e estase a introducir na presentación vía telemática de documentos no rexistro, no correo electrónico de especial importancia, en solicitudes de diversa índole e en calquera outra aplicación onde sexa posible substituír a presentación en papel dun documento polo seu envío asinado con certificado dixital.
O persoal da USC conta tamén con acceso a outras ferramentas e utilidades como son o correo electrónico, o acceso a internet, as listas de distribución ou a tarxeta universitaria. Destaca a posta a disposición dos membros da comunidade universitaria de servizos multimedia demandados no ámbito da docencia, a investigación e a difusión e proxección exterior da USC: salas de videoconferencia, salas de tecnoloxía AccessGrid, e servizo de reunións virtuais vía web (Adobe Connect). No ámbito do Programa de Accións Formativas para o PAS estase a empregar o servizo Training Channel que permite impartir teleformación presencial.
Finalmente, o persoal da USC pode empregar baixo as licencias adquiridas pola USC software xeral ou específico necesario para o seu traballo. Ademais, a través da Oficina de Software Libre a USC está a impulsar o emprego de aplicacións e licenzas libres, recursos de información libre e a xeración de contido libre dentro da propia USC.