Saltar ao contido principal
Inicio  »  Información xeral  »  USC Responsable  »  Ecoloxía Interna  »  Certificacións e acreditacións

Certificacións e acreditacións

A ODS colabora cos diversos centros e unidades da USC no proceso de certificación e acreditación ambiental por parte de organismos autorizados. É necesario distinguir entre:

 

  • Actividades que afectan a toda a USC: están certificadas, segundo a norma UNE-EN-ISO 14001, os procesos do Servizo de Prevención de Riscos relativos á xestión da prevención de riscos laborais, da vixilancia da saúde do persoal, da vixilancia e seguridade no traballo, do almacenamento, a coordinación e a entrega ao xestor autorizado dos residuos perigosos xerados e da vixilancia e control documental dos aparellos e dispositivos con fonte de radiacións ionizantes existentes na USC.

 

  • Actividades realizadas polas distintas unidades: no Instituto de Cerámica certificáronse, segundo a norma UNE-EN-ISO 14001:1996, as actividades de investigación, desenvolvemento e innovación en materiais cerámicos, materiais metálicos e rocas industriais, a realización de ensaios fisicoquímicos e a determinación de propiedades físicas en materiais cerámicos, materiais metálicos e rocas industriais. Este centro ten, ademais, implantado un sistema de Xestión Medioambiental que cumpre os requisitos do Esquema Europeo de Ecoxestión e Ecoauditoría (EMAS) para as actividades de: investigación, desenvolvemento e innovación en materiais cerámicos, materiais metálicos e rocas industriais, a realización de ensaios fisicoquímicos e a determinación de propiedades físicas en materiais cerámicos, materiais metálicos e rocas industriais.

 

xls Gasto asociado a accións de certificación ambiental [xls - 287 kb]