Saltar ao contido principal
Inicio  »  Información xeral  »  USC Responsable  »  Os nosos grupos de interese  »  Estudantes

Estudantes

Ap4_1

 

A análise das características do noso alumnado é imprescindible para adaptar a nosa oferta académica tanto ás necesidades do mercado laboral e da sociedade coma ao perfil do noso estudantado. Este perfil ven determinado por factores tales como a distribución por tipo de estudo e área de coñecemento do alumnado matriculado e titulado, a presenza feminina (en relación coa que a USC ocupa unha posición destacada no conxunto do SUE), a procedencia xeográfica, etc.

A USC realizou nos anos 2004 a 2009 unha enquisa anual sobre o perfil tecnolóxico do seu alumnado. A enquisa permitiu comprobar en qué medida se cumpriron as liñas estratéxicas que a USC fixou en materia de TIC ao tempo que se converteu nun instrumento de seguimento e control das accións que neste eido se realizaron orientadas ao alumnado. O estudantes foron interrogados sobre equipamento e conectividade, usos de Internet, telefonía móbil, redes e servizos, coñecementos e formación dos alumnos ou sobre a percepción que teñen das TIC, entre outras cuestións. A última enquisa realizada foi a correspondente ao curso 2009-10.

Ademais, nos novos títulos oficiais considerase de interese coñecer o perfil de entrada do alumnado en relación coa porcentaxe de estudantado de novo ingreso que accede ao título cunha puntuación menor que 6 e maior ou igual que 6 (graos e másteres oficiais).