Saltar ao contido principal
Inicio  »  Información xeral  »  USC Responsable  »  Os nosos grupos de interese  »  Persoal

Persoal

Ap4_2

 

En primeiro lugar, compre caracterizar o capital humano da USC en base ao seu volume total, que da conta do seu peso específico no conxunto da organización, e á súa distribución por áreas de coñecemento, campus, xénero e idade, poñendo de manifesto a situación en materia de igualdade entre mulleres e homes e en materia de rotación do cadro de persoal.

En segundo lugar, o perfil do persoal das universidades ven definido tamén pola categoría profesional acadada. No caso do PDI, este ten que facer fronte a unha longa carreira docente e investigadora na que os resultados acadados no eido académico e científico determinan a súa consolidación nas diferentes categorías docentes previstas pola normativa. A composición do cadro de PDI da USC reflicte a súa gran cualificación e o esforzo por consolidar postos de traballo nas máis altas categorías da carreira docente.

Un indicador relevante para avaliar a cualificación investigador do PDI é o número de sexenios de investigación acadados. Este indicador computa os sexenios de investigación con que a Comisión Nacional Avaliadora da Actividade Investigadora recoñece os especiais méritos na actividade desenvolvida polo profesorado universitario e o persoal do CSIC, concedéndolles ata un máximo de 6 tramos de recoñecemento da súa investigación.

Por categorías, e en termos relativos ao PDI do SUG, a USC conta cunha clara superioridade nas categorías de maior nivel –Catedráticos/as de Universidade e Titulares de Universidade–, así como nas de Contratado/a Doutor/a e Axudante Doutor/a. No caso do PAS, atopamos tamén distintas categorías dentro do persoal laboral e funcionario, e a súa evolución reflicte o esforzo que se ven desenvolvendo na USC para promover a estabilización do PAS.

É tamén relevante destacar a aposta da USC pola investigación e a promoción da carreira investigadora, reflectida no número de persoas contratadas con cargo a actividades de I+D e de bolseiras/os.

Pódese consultar tamén a evolución e detalle por título da porcentaxe de PDI a tempo completo con sexenios sobre o PDI a tempo completo con quinquenios que imparte docencia en cada título (graos (PDF) e másteres oficiais(PDF)) e da porcentaxe de PDI funcionario a tempo completo sobre o total de PDI a tempo completo que imparte docencia en cada título (graos (PDF) e másteres oficiais (PDF)).