Saltar ao contido principal
Inicio  »  Información xeral  »  USC Responsable  »  O marco de responsabilidade social na USC  »  Integración estratéxica da responsabilidade social

Integración estratéxica da responsabilidade social

 

 

Ap3_2

 

Os estatutos da USC, no seu artigo 4, recollen as funcións básicas da universidade, que marcan as liñas de actuación e de acción da vida universitaria en torno á ben recoñecida tripla misión universitaria de docencia, investigación e transferencia e responsabilidade social. Sen perder de vista este marco de identidade, a USC redefiniu a súa misión (quen somos), visión (que queremos ser) e valores (cal é o noso compromiso) no ano 2011 para a elaboración do Plan Estratéxico da institución para o período 2011-2020.

Este marco xeral de actuación responsable que se establece nos estatutos da USC e que configura a súa misión, visión e valores, ten sido instrumentado a través de distintos documentos, como o Código Ético da USC (aprobado no ano 2007), o Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes 2009-11, o Plan de Desenvolvemento Sostible da USC (aprobado en 2003) e os diversos plans estratéxicos das TIC.

E está tamén presente nos dous Campus de Excelencia Internacional da USC: o Campus Vida, que aspira a converterse nun Biocampus de referencia internacional na docencia, a investigación, a transferencia e a creación sostible de riqueza, equidade e valores sociais, e o Campus do Mar, froito da colaboración entre as tres universidades galegas, o CSIC e o Instituto Español de Oceanografía, e coordinado pola Universidade de Vigo, centrado no ámbito das Ciencias do Mar nas súas diferentes aplicacións económicas e sociais.