Saltar ao contido principal
Inicio  »  Información xeral  »  USC Responsable  »  Obxectivos

Obxectivos estratéxicos

 

PERSOAS
Un modelo de recursos humanos baseado na eficacia, a flexibilidade e a sostibilidade
Definir e implantar un modelo de xestión de recursos humanos máis flexible e diverso que, en base a un deseño do cadro de persoal nas áreas de docencia, investigación e administración, supoña un aproveitamento equilibrado dos recursos e das potencialidades.
Incorporar perfís polivalentes polivalentes, capaces de acompañar á Universidade no proceso de internacionalización, excelencia e calidade
Definir e implantar unha estrutura de apoio que garanta o desenvolvemento das actividades de docencia e transferencia de coñecemento e investigación, creando os mecanismos que permitan   a reconversión dos servizos tradicionais.
Compromiso co desenvolvemento profesional do seu persoal
Establecer un modelo de carreira profesional e promoción do PDI e do PAS que recoñeza as diversas capacidades e potencialidades para dar resposta ás necesidades da Universidade.
Prover ao persoal de formación e habilidades en eidos diversos que lle permita avanzar na súa carreira profesional, desenvolver o seu talento e mellorar as oportunidades de promoción, ao tempo que atende ás necesidades da Universidade.
Crear as condicións que permitan captar e reter o talento, favorecendo o cambio progresivo e renovador do persoal.
O estudantado: valor presente e futuro
Incrementar o talento na USC a través da atracción de alumnas/os con altas capacidades, aproveitando para iso a boa imaxe de marca da USC.
Contribuír á formación integral do estudantado transformando os servizos non académicos converténdoos en ferramentas de apoio.
Potenciar a orientación dos servizos académicos cara á mellora dos procesos de ensino-aprendizaxe.
Mellorar a empregabilidade dos egresados e profesionais formados na Universidade.
ACTIVIDADE UNIVERSITARIA
Oferta de titulacións adaptada ás necesidades da sociedade
Optimizar a oferta de títulos de grao para axustala á realidade actual e ás necesidades emerxentes
Conformar unha oferta de posgrao especializada e competitiva respecto ao contorno universitario, nacional e internacional, incrementando o prestixio social dos estudos de posgrao.
Ampliación da oferta formativa para o recoñecemento de competencias transversais en todos os estudos de grao da USC.
Mellorar o coñecemento da oferta formativa da USC por parte da sociedade.
Procura da excelencia na docencia
Xeneralizar o uso do novo modelo de ensino-aprendizaxe derivado da adaptación ao EEES.
Reforzar a interacción entre a docencia e a investigación.
Valorar e recoñecer a calidade da actividade docente do profesorado.
Cara á excelencia investigadora
Mellorar a posición internacional da USC no eido da investigación.
Potenciar o desenvolvemento dos Campus de Excelencia Internacional nos que participa a USC e sacar proveito do seu impacto cara á proxección internacional da Universidade.
Incrementar a porcentaxe de PDI activo en investigación.
Optimizar a utilización dos servizos de apoio á investigación
Conseguir a participación doutras institucións na xestión dos centros de investigación.
XESTIÓN INSTITUCIONAL
Unha universidade de recoñecido prestixio internacional
Avanzar no proceso de internacionalización da universidade na docencia, investigación e xestión.
Incrementar as relacións con universidades estranxeiras, servindo de ponte entre a Unión Europea e Latinoamérica e aproveitando as novas oportunidades en Estados Unidos, Canadá e países de economía emerxente.
Internacionalización da colaboración coas empresas tanto con fins docentes coma de investigación, transferencia e emprendemento
Xestión simple, eficaz e transparente dos recursos
Incrementar o financiamento
Optimizar o uso dos recursos, establecendo un sistema de información e xestión integral
Adaptar a estrutura organizativa de xestión e de servizos á realidade da USC.
Conseguir unha maior articulación entre os campus de Santiago e Lugo.
RELACIÓN CO CONTORNO
Transferencia efectiva de coñecemento
Incrementar o compromiso da USC coa transferencia de coñecemento cara ao seu contorno, non só para contribuír ao seu desenvolvemento socio-económico, mais tamén como fórmula de progreso social.
Dar un novo pulo á innovación e transferencia de coñecemento aproveitando a experiencia nos ámbitos disciplinares con actividade recoñecida neste eido e propondo novos modelos axeitados para outros ámbitos.
Facilitar e promover a actividade de transferencia en Humanidades e en Ciencias Sociais e Xurídicas.
Facilitar o desenvolvemento de procesos de maduración dos resultados de investigación para facelos máis aplicables e, deste xeito, lograr a súa transferencia efectiva.
Fomentar a cultura emprendedora a través da docencia e da investigación entre toda a comunidade universitaria, e en especial, entre as/os investigadoras/es en formación e o estudantado.
O compromiso e a implicación coa sociedade
Reforzar o compromiso da USC coa responsabilidade social.
Acadar o recoñecemento por parte da sociedade da contribución da Universidade á creación de valor económico, social e cultural
Aumentar a sensibilización e a participación dos membros da comunidade universitaria en proxectos relacionados co voluntariado, a participación social e a cooperación ao desenvolvemento.
Implicar a toda a comunidade universitaria no compromiso coa conservación e a mellora do medioambiente facendo copartícipe deste obxectivo á sociedade
Difundir cara á sociedade a cultura da USC e pór en valor o seu patrimonio histórico, cultural, científico, técnico e natural.