Saltar ao contido principal
Inicio  »  Información xeral  »  USC Responsable  »  Relacións con outras organizacións  »  Relación cos nosos provedores

Relación cos nosos provedores

A USC precisa adquirir e contratar produtos e servizos indispensables para o desenvolvemento das súas actividades, actuando deste xeito como motor da actividade económica no seu ámbito de influencia e de acordo coa súa dimensión. As principais áreas para as que é necesario contar con diferentes provedores son:

 

Principais áreas para as que é necesario contar con diferentes provedores  

 

Os servizos de limpeza e a subministracións de auga e enerxía (electricidade e combustibles) son as principais áreas de gasto en bens correntes e servizos da USC.

 

Principais áreas de gasto en bens correntes e servizos da USC

 

A contratación administrativa na USC efectúase dentro do marco da lexislación xeral sobre a materia. O reitor posúe a condición de órgano de contratación da USC e asina no seu nome os contratos administrativos. A contratación pode realizarse mediante procedementos abertos ou negociados (pódense consultar on-line os pregos de cláusulas), contemplándose a posibilidade de aplicar o procedemento negociado sen publicidade. Na web da USC está dispoñible un listado histórico de contratos de obras, subministracións, consultoría, asistencia e servizos e contratos administrativos especiais.

Para facilitar e axilizar as comunicacións entre os provedores e a propia universidade a USC conta cun Portal de Provedores, no que os provedores poden facer un repaso de todos os pedimentos electrónicos e as facturas que o vinculan coa universidade, e comprobar tanto qué pedidos lle foron feitos coma as facturas que ten enviadas, así como o estado destas (se están tramitadas ou non, se están pagadas ou non, etc.). Para máis información, pódense consultar as FAQ sobre esta ferramenta.