A responsabilidade social de calquera organización non é algo que se impón ou se implanta como outros tipos de sistemas ou técnicas de xestión, senón algo que se constrúe, vive e comparte entre todos os seus membros.
A responsabilidade social da USC é, en grande parte, consecuencia das pequenas e grandes accións que levan a cabo as persoas que conforman a comunidade universitaria, e que moitas veces pasan desapercibidas ou non son coñecidas polo conxunto dela e da sociedade.
Por isto, queremos invitarvos a todos os membros da comunidade universitaria a compartir e dar a coñecer as vosas actuacións socialmente responsables, xa que todos facemos unha USC responsable, e o voso compromiso e esforzo merece ser coñecido e recoñecido.
A través do seguinte formulario podedes facernos chegar as vosas actuacións socialmente responsables (pasadas, presentes ou futuras), que serán publicadas nesta sección para compartilas con toda a sociedade.