Saltar ao contido principal
Inicio  »  Información xeral  »  USC Responsable  »  Visión

Visión - Que queremos ser?

  • Unha universidade de recoñecido prestixio, que destaque a todos os niveis pola súa solvencia académica e por una oferta atractiva capaz de captar ás/aos mellores estudantes, así como por unha actividade investigadora recoñecida que responda ás demandas do contorno e a criterios de excelencia científica que a proxecten internacionalmente.
  • Unha universidade firmemente comprometida coa sociedade, que actúe como motor do desenvolvemento socioeconómico do contorno, e que sexa un referente nos temas de cooperación social, no desenvolvemento sostible, no respecto ao medio ambiente e na creación e difusión da cultura.
  • Unha universidade exemplar na xestión dos recursos, cun modelo de xestión áxil e transparente, cunha economía saneada e que saiba vincular o funcionamento das diferentes unidades estruturais coa estratexia institucional.
  • Unha universidade participativa en torno a un proxecto común, na que todas as estratexias estean centradas nas persoas, nas súas competencias e condicións de traballo, para conseguir que todo o seu persoal estea altamente cualificado e motivado.