Saltar ao contido principal
Inicio  »  Información xeral  »  USC Responsable  »  Extensión e voluntariado  »  Formación en valores

Formación en valores

Ap9_4a

 

A USC oferta tamén diversas actividades, permanentes ou non, cuxo valor formativo é recoñecido academicamente en forma de materias de libre configuración. Destaca a actividade docente do observatorio astronómico Ramón Mª Aller e, en particular, o seu Programa de Extensión Cultural de Astronomía (PECAS).

O SEPIU desenvolve anualmente unha serie de cursos e xornadas que permiten á persoa voluntaria un mellor servizo na organización na que colabore, e un maior aproveitamento das súas actividades.

 

Ap9_4b

 

Pola súa banda, a ODS organiza ou participa en diversas actividades de educación ambiental, tanto de carácter formal (cursos, xornadas, etc.) coma non formal (seminarios, roteiros, visitas, exposicións, etc.).