Saltar ao contido principal
Inicio  »  Información xeral  »  USC Responsable  »  Extensión e voluntariado  »  Voluntariado

Voluntariado

Ap9_1a

 

Para afianzar os valores de solidariedade, igualdade, e respecto ao medio ambiente cos que se compromete, a USC impulsa a participación activa do alumnado en proxectos ambientais, sociais e de integración, particularmente mediante os programas de voluntariado, participación e cooperación internacional, coordinados polo Servizo de Participación e Integración Universitaria (SEPIU).

A coordinación da acción directa dos membros da comunidade universitaria interesados en destinar parte do seu tempo á acción voluntaria corresponde á Área de Voluntariado, Participación e Cooperación Internacional. Os voluntarios/as poden colaborar de forma puntal ou de xeito continuado, cunha dedicación de 2-3 horas á semana, nos diferentes programas propostos polas entidades de acción social, que abranguen desde o ámbito hospitalario e da saúde, o voluntariado en saúde mental e o traballo con minorías étnicas ata o apoio a persoas maiores ou menores. As actividades de participación social están recoñecidas con créditos optativos para o alumnado de Grao e con créditos de libre configuración para o alumnado das Licenciaturas e Diplomaturas e Enxeñarías. Este recoñecemento varía en función do número de horas de colaboración voluntaria.

 

Ap9_1b

 

A USC tenta tamén contribuír á mellora do sistema educativo, o desenvolvemento dunha sociedade máis xusta e libre e á conservación do noso patrimonio mediante campañas de sensibilización e a firma de convenios de colaboración con diferentes institucións. Nos seguintes enlaces pódense consultar os convenios promovidos nos últimos anos:

 

O SEPIU tamén participa en programas de cooperación universitaria ao desenvolvemento, entre os que destacan:

Programas de cooperación universitaria
Programa de voluntariado das Nacións Unidas, con que se promoveron actividades en países en vías de desenvolvemento, concretamente en Brasil e Marrocos, onde se desenvolveron traballos de apoio á comunicación.
Campañas vinculadas ás Olimpíadas Solidarias de Estudo, en colaboración coa Fundación Coopera, para recadar fondos destinados á rehabilitación de catro escolas en Haití e apoio físico e psicolóxico para a reinserción escolar tralo terremoto. A USC está en todas as edicións entre as entidades que máis cartos achegan para os proxectos.
Bolsas para proxectos de Coñecemento da Realidade, destinadas a fomentar a participación dos estudantes en proxectos de cooperación para o desenvolvemento.

 

A Área de Integración, ademais de desenvolver actuacións para favorecer a igualdade e equidade entre todos os membros da comunidade universitaria, especialmente entre o estudantado, traballa en colaboración con outros servizos da propia universidade ou doutras entidades coas que existen convenios de colaboración, para favorecer a incorporación sociolaboral dos futuros egresados e egresadas.

Finalmente, desde o SEPIU desenvólvese tamén una importante labor formativa, recoñecida academicamente para todas as titulacións.