Saltar ao contido principal
Inicio  »  Información xeral  »  Santiago de Compostela

Campus de Santiago

Campus Vida de Santiago de Compostela

Ao propio atractivo que representa cursar estudos nunha institución de recoñecida tradición centenaria como a Universidade de Santiago de Compostela, súmanse outros reclamos como a adecuación da súa oferta académica ás necesidades do mercado, os servizos de apoio ao estudantado, o abano de actividades culturais, deportivas ou unha gama de posibilidades ampla coa que complementar e terminar de definir a formación regrada recibida na aula.

Xunto á mencionada tradición, a Universidade de Santiago de Compostela atópase á vangarda dos centros universitarios galegos e españois coa vontade posta en atopar respostas no presente aos interrogantes do futuro. Nesta dimensión, pode definirse como unha Universidade completa, con titulacións nas cinco grandes áreas do coñecemento e cun Campus de Excelencia Internacional que busca devolver á sociedade o esforzo realizado en I+D con progreso, riqueza e benestar sustentado no coñecemento. Este campus compostelán converta a Galicia nunha referencia para o resto do mundo.

Localización e planos

Localización de Santiago e Lugo no mundo

Plano de Santiago de Compostela