Transporte urbano universitario de Santiago para o curso 2010/11
Para o transporte urbano universitario no Campus de Santiago de Compostela utilízase a Tarxeta Universitaria de Identidade (TUI) desde o curso 2005-2006.
Respostando as seguintes cuestións básicas agardamos facilitarche a información do uso da TUI no transporte urbano.
►Todas as TUI serven para utilizarse nos autobuses urbanos de Compostela?
- As TUI que reciben actualmente os membros da Comunidade Universitaria dispoñen dun dispositivo compatible coa tecnoloxía dos autobuses urbanos.
- Os membros da comunidade universitaria que teñan unha tarxeta antiga (anterior ao ano 2004), e que agora desexen sumarse ao uso do transporte urbano en Compostela, poden demandar unha nova TUI nas seguintes sucursais do Banco Santander:
- no Campus Vida, no Pavillón Estudantil, extensión 14568.
- no Campus Norte, na Facultade de CC. Económicas e Empresariais, extensión 11681.
► Como se pagan as viaxes e onde se cargan?
O novo "moedeiro de transporte" da TUI precisa soamente de dous pasos sinxelos:
1. Para pagar emprégase o moedeiro electrónico que ten a propia tarxeta e que se recarga de
euros, ben nos caixeiros 4B do Banco Santander se se ten unha conta asociada á tarxeta, ben
nos Cargadores de Tarxeta Moedeiro situados en:
- Pavillón Estudantil (*)
- Residencia Universitaria Monte da Condesa
- Facultade de CC. Económicas e Empresariais (*)
- Casa Jimena e Elisa Fernández de la Vega (*)
2. Cos euros da tarxeta moedeiro as viaxes cárganse nos Puntos de Información Universitaria
(PIUS) ou nos autobuses urbanos. Os PIUS están situados en:
- Facultade de Filosofía e CC. da Educación
- Pavillón Estudantil (*)
- Facultade de CC. Económicas e Empresariais (*)
- Facultade de Medicina e Odontoloxía
- Biblioteca Xurídica Concepción Arenal
- Casa Jimena e Elisa Fernández de la Vega (*)
(*) Nos centros con (*) os cargadores da tarxeta moedeiro están ao carón dos PIUS polo que o pagamento e a carga do "moedeiro de transporte" da TUI pode facerse no mesmo espazo nestes tres edificios da USC.
► É necesario ter unha conta no Banco Santander para utilizar o moedeiro electrónico?
Non. Para utilizalo é suficiente recargalo nos cargadores de moedeiro electrónico situados nos edificios indicados no apartado 1. da pregunta anterior.
► É o mesmo o prezo das viaxes para toda a comunidade universitaria?
Sí
► Cales son os prezos para o curso académico 2010-2011?
- Recargas de 10 viaxes: 6,00 €
- Recargas de 100 viaxes: 59 €
► 10% Desconto nas recargas de viaxes durante o mes de marzo de 2011 nos PIUS
Se se fan recargas de viaxes durante o mes de marzo de 2011, estes teñen un
desconto adicional do 10 %, quedando aos seguintes prezos:
-
Recargas de 10 viaxes: 5,40 euros
-
Recargas de 100 viaxes: 53,10 euros
► Que validez teñen as viaxes para os ESTUDANTES?
Caducan o 30 de setembro de 2011.