
Observatorio Astronómico “Ramón Mª Aller”
A Universidade de Santiago de Compostela dispón desde o ano 1943 dun Observatorio Astronómico (http://www.usc.es/astro), fundado polo eminente astrónomo Ramón Mª Aller, cando trasladou dende Lalín (Pontevedra) os seus telescopios e libros. Hoxe en día, o Centro está cientificamente xestionado por un equipo de investigación da USC con grande proxección internacional, sobre todo no campo das estrelas duplas e múltiplas, e ademais do seu carácter docente ten amplos programas de divulgación para o público.
O Observatorio posúe na actualidade un dos maiores telescopios do estado no ámbito universitario, unha completa biblioteca e unha estación meteorolóxica
que destaca tamén pola súa beleza. As persoas visitantes teñen a oportunidade de achegarse ao Observatorio para coñecer as instalacións, a súa historia, as investigacións e logros actuais e mesmo facer observacións cos telescopios.
A visita inclúe observación nocturna, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan
GRUPOS*: martes e xoves a partir das 18:00
INDIVIDUAIS: venres de 21:00 a 00:00
*Para grupos escolares é posible realizar visitas pola mañá, previa consulta
SAÍDA: Observatorio Astronómico, Campus Vida
Pazo de Fonseca, teléfono +34 981 555 268
Vicerreitoría de Cultura
+34 981 563 100, extensión 11018