O Observatorio Turístico é un proxecto de investigación no que colaboran diferentes institucións e que pretende recoller e recopilar a información referente aos visitantes que recibe a cidade. Entre estas institucións está o CETUR, un centro de investigación da Universidade de Santiago de Compostela adicado ao estudo do turismo en Galicia, que se atopa dentro do Instituto Universitario para o Estudo e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA). Para o análise do turismo nunha cidade, o seu impacto, as súas impresións, as súas características,… elaboramos unha serie de cuestións para que os visitantes expresen a súa opinión e deste xeito poder analizalo.
Para facer este traballo, elaboramos un cuestionario que reflicte aqueles aspectos que consideramos importantes no turista, e a partir deste elabórase un informe no cal recollemos toda a información. Deste xeito os entes públicos de toma de decisións, teñen un criterio para levar a cabo as súas accións.
O turismo comprende as actividades que realizan as persoas durante as súas viaxes e estancias en lugares distintos aos do seu entorno habitual, por un período de tempo consecutivo inferior a un ano, con fin de ocio, negocios e por motivos non relacionados co exercicio dunha actividade remunerada no lugar visitado. Todos os viaxeiros relacionados cos esta difinición de turismo denomínanse visitantes. Os visitantes á súa vez poden ser turistas, aqueles que permanecen alomenos unha noite nun aloxamento colectivo ou privado da zona visitada, e os excursionistas, que son aqueles que non pernoctan nun medio colectivo ou privado da zona visitada (incluidos os pasaxeiros de cruceiros).