Saltar ao contido principal
Inicio  »  Institutos e centros de investigación  »  Centro de Estudos e Investigacións Turísticas (CETUR)  »  Formacion

Investigación e Formación

 

Persoal investigador (pasado e presente)

 

Xose
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Xosé Manuel Santos Solla é profesor titular de Xeografía Humana no Departamento de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela. É o director do CETUR.

A súa investigación está ligada principalmente ó mundo do turismo, sendo autor de numerosos artigos científicos, capítulos e libros publicados a nivel español e internacional. Deu numerosas conferencias en materia turística e participou nun amplo abano de foros e proxectos. Foi profesor visitante en numerosas universidades europeas e americanas e supervisou unha gran cantidade de teses doctorais e investigacións relacionadas co turismo. Actualmente é profesor do Máster Universitario en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas, e é membro da AECIT, a Asociación Española de Expertos Científicos en Turismo.

 

Pilar

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Pilar Taboada-de-Zúñiga Romero, Licenciada en Filoloxía Románica pola USC, Diplomada en Empresas e Actividades  Turísticas e Máster Oficial Interuniversitario en Dirección e Planificación de Turismo. Actualmente realiza a súa Tese Doutoral co tema  “O turismo idiomático en Santiago de Compostela”

Liñas de investigación actuais: turismo idiomático, intermediación turística, e os museos desde o punto de vista turístico. Presentou  os resultados das súas investigacións en numerosos Congresos Internacionais e Nacionais e en diversas publicacións científicas. Actualmente traballa no CETUR como Investigadora contratada a tempo completo, realizando labores de investigación (Informe Camiño de Santiago 2010, Plan de Desestacionalización Turística de Lugo 2012). Tutorización de Prácticas de alumnos do Máster de Turismo, Erasmus Placement e outros convenios con universidades de distintos países. Organización de Congresos, Xornadas, Cursos e Seminarios dentro do Centro.


Colabora como docente en conferencias de expertos no Máster Universitario en Dirección e Planificación do Turismo (USC) e en Cursos especializados de Turismo para a Administración a través de programas europeos e autonómicos.

 

Fidel Martínez Roget é Doutor en Economía e profesor do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Foi secretario do CETUR entre os anos 2005 e 2011.

As súas principais liñas de investigación están relacionadas coa análise do turismo rural, os impactos económicos do turismo e o benestar económico. Foi investigador principal dos proxectos de investigación “Software para o cálculo do impacto económico do turismo a nivel comarcal e local” e “Un indicador de lealdade do turismo con destino Galicia”. Foi publicado en revistas internacionais como Tourism Management, Tourism Economics, Regional Studies, Social Indicators Research o The Empirical Economic Letters.

 

Guido

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Guido Álvarez é Diplomado en Turismo pola Universidade da Coruña e Máster en Dirección e Planificación do Turismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente está en etapa de tese doutoral, sendo o seu tema de investigación "a influencia dos medios de transporte e vías de acceso no desenvolvemento dos destinos turísticos".

Traballou como Técnico Investigador no CETUR dende Novembro do 2009 ata Maio do 2012, centrándose a súa actividade nos Observatorios Turísticos de Santiago de Compostela e Lugo. Elaborou os informes anuais, semestrais e trimestrais do Estudo do Perfil da Demanda Turística de Santiago, e encargouse da elaboración da Enquisa de Ocupación Hoteleira de Lugo. Realizou o Informe Comparativo de Usuarios de Liñas de Baixo Custo 2006-2009 e unha proposta para o Plan de Desestacionalización Turística da Provincia de Lugo do ano 2012. Participou nunha videoconferencia coa Unv. Univali (Brasil) como parte das Xornadas “Olhares Múltiplos”.

 

Kelly

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Kelly Lima Teixeira, Licenciada en Turismo pola Universidade Federal de Minas Gerais (Brasil), Diplomada en Xestión Mercadolóxica en Turismo e Hotelería pola USP (Brasil) e Máster Oficial Interuniversitario en Dirección e Planificación do Turismo pola Universidade de Santiago de Compostela.

Colaborou co Observatorio Turístico de Santiago de Compostela entre outubro de 2009 e xuño de 2010, realizando enquisas do Estudo do Perfil da Demanda Turística de Santiago de Compostela.

Actualmente coordina a Licenciatura en Xestión do Turismo da Facultade Senac Rio en Brasil e colabora como docente nesta institución e en cursos especializados en turismo. Ten como liñas de investigación a xestión do coñecemento en turismo e proxectos turísticos.

 

Claudia

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Claudia del Pino Martínez, profesora asociada do Departamento de Organización de Empresas e Comercialización da USC, e freelance no ámbito da formación e planificación turística. "Traballei no CETUR durante tres anos (2005-2007), o que me aportou unha das experiencias profesionais máis gratificantes da miña vida, grazas á aprendizaxe obtida polos traballos realizados, pero sobre todo polo equipo humano que conformou aqueles primeiros anos".

 

Maria

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

María Núñez Pertejo traballou no Cetur no ano 2005 realizando enquisas para o Estudo de Caracterización da Demanda Turística na cidade de Lugo. Nun ano de traballo realizáronse máis de 1000 enquisas.

 

426276_185360598245957_100003160533169_309345_1280145474_n

 

 

 

 

 

 

 

 

Tommaso Lenzoni, Licenciado en Económicas pola Università di Pisa e Máster en Dirección e Planificación do Turismo pola Universidade de Santiago de Compostela traballou como Técnico Investigador no CETUR entre Xullo do 2006 e Decembro do 2009. Fixo un seguimento do turismo de reunións na cidade de Santiago de Compostela a través dos estudos “Turismo de Reunións en Santiago de Compostela” (2005-2008) e o “O Posicionamento de Santiago no Turismo de Reunións” (2008). Foi un dos organizadores do Seminario “Retos fronte ós novos mercados turísticos: Reino Unido, Irlanda e Italia” e da I Xornada Técnica de Turismo de Reunións. Participou como investigador no proxecto I+D “Estudo das necesidades de aloxamento turístico nas cidades e vilas históricas de Galicia: caracterización e análise prospectiva”, colaborou na tabulación e análise de datos no Proxecto Atlante “Mellorar as Cidades Atlánticas Patrimonio Mundial UNESCO” e na recollida e tabulación de datos no Observatorio Turístico de Santiago.

 
 
RosaM
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Rosa María Fernández Gómez, investigadora contratada no proxecto "Desenvolvemento do Observatorio do Camiño de Santiago a través do Cetur" baixo a dirección do prof. dr. D. Xosé M. Santos Solla, entre setembro de 2006 e novembro de 2010. Doutora en Historia da Arte, Universidade de Santiago de Compostela.

 

Profesores invitados doutras universidades

 

Alissandra

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A profesora da Universidade Federal de São Carlos (Brasil) Alissandra Nazareth de Carvalho realizou unha estancia de investigación no Cetur entre o 1 de decembro do 2010 e o 28 de febrero do 2011. Veu a través da Fundación Carolina, no programa "Formaçao Permanente e Mobilidade de Professores Brasileiros". Traballo realizado durante a súa estadía: "Anales da relaçao simbolica da hospitalidade: desdobramentos en apropiaçoes nos equipamentos turísticos em espaços rurais da Galicia" baixo a titorización do Prf. Dr. Xosé Santos Solla.

 

Eduardo

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O profesor da Universidade do Vale do Itajaí (Brasil) Eduardo Hack Neto realizou unha estancia de investigación no Cetur entre Abril e Xuño do ano 2011.

 

 

Mabel

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A profesora da Universidade de Manizales (Colombia) Mabel Ibarra Luna realizou unha estancia de investigación no Cetur dende o 17 de outubro ata o 11 de novembro de 2011. O 27 de outubro mpartiu dúas conferencias na Facultade de Económicas aos alumnos do Máster de Turismo: "Perfil de formación do profesional en turismo en Colombia" e "Paisaxe cultural cafeteiro: Patrimonio da Humanidade"

 

Doutorandos doutras universidades

 

 Oscar

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Óscar Fernando Basulto Gallegos, xornalista e Licenciado en Comunicación Social pola Universidad Católica de la Santísima Concepción (UCSC) en Concepción (Chile). Magíster en Comunicación Estratéxica pola Universidad del Pacífico (UP) en Concepción (Chile). Doutorando en Socioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Dedicación profesional en investigación científico-social, estudos de mercado, consultorías comunicacionais e docencia en educación superior. Estadía de investigación no CETUR dende Setembro do 2011 ata Xullo do 2012. Está a realizar un estudo sobre os museos de Santiago de Compostela dende unha perspectiva turística.

 

Erasmus Programme Training Agreement

 

Luca

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Luca Sorgentone, Licenciado en Ciencias Políticas pola Università degli Studi di Teramo, participante do Erasmus Programme Training Agreement and Quality Commitment fixo unha estadía no CETUR entre o 13 de xuño e o 30 de setembro do 2011. Traballo realizado: "Enoturismo in Galizia. Strada del vino nelle Rias Baixas"

 

Susana

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Zuzana Vargová, Agribusiness engineer pola University of West-Hungary (Faculty of Agricultural and Food Sciences), participante do Erasmus Programme Training Agreement and Quality Commitment a través da Universidade Christelijke Agrarische Hogeschool Dronten (CAH Dronten) de Holanda. Fixo unha estadía no CETUR entre o 21 de marzo e o 24 de xuño do 2011. Traballo realizado: "Magna Via attractive touristic product? Based on the shing example of El Camino de Santiago". Presentando e defendido na Universidade Christelijke Agrarische Hogeschool Dronten, International Ruralk Development and Innovation (Holanda). Data da presentación: 28 xuño do 2011.

 
 
Elisabetta
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Elisabetta Carracchia, Licenciada en Comunicación pola Università del Salento (Lecce, Italia), actualmente estudante dun Máster en Xesión de Actividades Turísticas e Culturais. Participante do Erasmus Programme Training Agreement and Quality Commitment comeza unha estadía no CETUR o 2 de Abril que rematará o 2 de agosto de 2012. Durante este tempo desenvolverá o seu proxecto de tese sobre a Valorización do Patrimonio Cultural e Ambiental. Caso práctico: Camiño de Santiago.
 

Estudantes de ELE a través de Cursos Internacionais

 

Lis

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Lis Chacon, estudante de Economía e Lingua Española con especialidade en Relacións Internacionais, no Randolph College (Virginia, Estados Unidos), realiza unha estadía no CETUR a través de Cursos Internacionais da USC. Dende Xaneiro ata Xuño do 2012.

 

Alumnos en prácticas a través do convenio coa Fundación Carolina

 

Legna

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Legna Massiel Suazo Rodríguez, prácticas no CETUR do 3 de Novembro do 2011 ó 8 de Febreiro de 2012. Licenciada en Administración de Empresas Turísticas e Hoteleiras, Universidad Iberoamericana (Santo Domingo, República Dominicana) Máster en Dirección e Planificación do Turismo, Universidade de Santiago de Compostela.

 

Rosalinda

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Rosalinda Hernández, prácticas en el CETUR do 1 de Febreiro ó 5 de Maio de 2011. Licenciada en Mercadotecnia, polo Instituto Tecnolóxico e de Estudos Superiores de Monterrey (México). Máster en Dirección y Planificación del Turismo, Universidad de Santiago de Compostela

 

Convenios con universidades estranxeiras

 

Ewerthon

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ewerton Henrique de Moraes, Graduado en Turismo pola Universidade Estadual Paulista “Julio de Mesquita Filho” (Unesp, Turismo, Brasil),realizou unha estadía no CETUR a través dun acordo bilateral da USC e a Universidade Estadual Paulista. Entre o 24 de maio e o 15 de xullo de 2011. Traballo realizado "Patrimonio Industrial Ferroviario: Usos Turísticos na Espanha e Olhares. A situacion dos remanescentes ferroviários no estado de Sao Paulo”.

 

Alumnos do Máster en Dirección e Planificación do Turismo (prácticas)



Sonia

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Sonia Díaz Pena, prácticas no CETUR do 16 de Abril ó 16 de Xullo do 2012. Diplomada en Turismo pola Universidade Autónoma de Madrid.. Máster Oficial en Dirección e Planificación do Turismo, Universidade de Vigo (Campus de Ourense).

 

 Laura

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Laura del Valle Villar, prácticas no CETUR do 11 de Abril ó 18 de Junio do 2012. Diplomada en Turismo pola Universidade da Coruña. Máster Oficial en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas, Universidade de Santiago de Compostela.

 

Flavia

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Flavia Sá Barreto Cruz, prácticas no CETUR do 6 de Febreiro ó 18 de Abril do 2012. Licenciada en Administración de Empresas pola Universidad Federal de Ceará (Fortaleza, Brasil). Máster Oficial en Dirección e Planificación do Turismo, Universidade de Santiago de Compostela.

 

Lucia

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Lucía Pan Iglesias, prácticas no CETUR do 6 de Febreiro ó 18 de Abril do 2012. Diplomada en Turismo pola Universidade da Coruña. Máster Oficial en Dirección e Planificación do Turismo, Universidade de Santiago de Compostela.

 

Jenni

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Jennifer Giráldez González, prácticas no CETUR do 6 de Febreiro ó 18 de Abril do 2012. Diplomada en Turismo pola Universidade da Coruña. Máster Oficial en Dirección e Planificación do Turismo, Universidade de Santiago de Compostela.

 

Trini

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

María de la Trinidad Romay, prácticas no CETUR do 1 de Febreiro ó 5 de Maio do 2011. Diplomada en Traballo Social pola Universidade de Santiago de Compostela. Máster en Dirección e Planificación do Turismo, Universidade de Santiago de Compostela.

 

ClaudiaRodriguez

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Claudia Rodríguez Rodríguez, prácticas no CETUR do 27 de Maio ó 30 de Agosto do 2011. Diplomada en Turismo pola Universidade da Coruña. Máster en Dirección e Planificación do Turismo, Universidade de Santiago de Compostela.

 

Otavio

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Otávio Machado Teixeira Lima, prácticas no CETUR do 20 de Xullo ó 20 de Outubro de 2010. Bacharel en Turismo pola Facultade Integrada de Ceará - FIC (Fortaleza, Ceará, Brasil). Máster en Dirección e Planificación do Turismo, Universidade de Santiago de Compostela.

 

Arstan

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Arstanbek Sagyntai uulu, Diplomado en Turismo pola Universidade Estatal de Issyk-Kul (IKSU), (Kirguistan) e Máster en Dirección e Planificación do Turismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Fixo prácticas no CETUR entre Febreiro e Xuño do ano 2009. Traballou no Observatorio turístico de Santiago de Compostela baleirando enquisas no SPSS para o Estudo do Perfil da Demanda Turística.

Actualmente realiza o seu doutoramento no Instituto de Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) na Universidade de Santiago de Compostela, baixo o titulo: "A cooperación internacional para o desenvolvemento sostible da industria do turismo na rexión de Issyk-Kul. (Kirguistán)"

 

Raquel

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Raquel Marrafon Nicolosi, Licenciada en Turismo pola Universidade Estadual Paulista (UNESP) en Sao Paulo (Brasil) e Máster en Dirección e Planificación do Turismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente realizando o seu doutoramento en Dirección e Planificación do Turismo na Universidade de Vigo. Fixo prácticas no CETUR entre Marzo e Xuño do 2009. A súa labor centrouse nas tarefas dos Observatorios Turísticos de Santiago de Compostela e Lugo.

 

Luciana

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Luciana de Moura Carneiro, Bacharel en Turismo pola Universidade Estadual Paulista (UNESP) en Sao Paulo (Brasil) e Máster en Dirección e Planificación do Turismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Fixo prácticas no CETUR durante 3 meses en 2008 e traballou algúns meses facendo enquisas no casco histórico para a Estudo do Perfil da Demanda Turística do Observatorio de Santiago. Despois do máster traballou no Departamento de Cultura e Turismo no Concello de Pederneiras (São Paulo), e deu clases no Curso de Turismo da Universidade do Sagrado Coração (Bauru/SP) Agora é profesora efectiva do Instituto Federal de São Paulo, campus de Avaré, no Curso de Eventos.
 

Investigadores. Estancias para proxectos

 

Nuria

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nuria Patiño Vieites, Diplomada en Turismo pola Universidade de Vigo e Máster en Dirección e Planificación do Turismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Realizou entre Marzo e Maio de 2010 un informe sobre o Turismo de Cruceiros en Galicia, englobado dentro do proxecto SEREA (Seaside Reorientation Activities), do Fondo Social Europeo. Actualmente realiza o seu doutoramento na Universidade de Santiago de Compostela, baixo o título: “Turismo de Cruceiros. O caso galego.”

 

 

Novas do sector
Utilidades