Saltar ao contido principal
Inicio  »  Institutos e centros de investigación  »  Centro de Estudos e Investigacións Turísticas (CETUR)  »  O que fixemos

IV Curso de Informadores de Oficinas de Turismo e Guías

Cunha carga lectiva de 50 horas, o Centro de Estudos e Investigación Turística da USC (CETUR) organizou o IV Curso de Formación para Informadores de Oficinas de Turismo e Guías que se desenvolveu o pasado mes de marzo.

 O programa contemplou unha ampla programación teórica na que se prestou atención á visión de Galicia proxectada a través do cinema ou ás relacións entre literatura e paisaxe na comunidade. Os museos galegos e a súa relación co turismo e as paisaxes naturais foron outros dos argumentos aos que atendeu o curso, no que tamén houbo espazo para as novas tecnoloxías aplicadas ao turismo, a eno-gastronomía e a interpretación da vida mariñeira e das paisaxes rurais.

 

Na prensa: http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2012_02/noticia_0118.html

 

Celebración do Día Mundial do Turismo (27/09/2011)

O Centro de Estudos e Investigación Turísticas (Cetur) e o Máster Universitario en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas da Universidade de Santiago celebraron o martes 27 de setembro de 2011 o Día Mundial do Turismo cunha xornada de debate na que se analizou o futuro do sector turístico en clave mundial e local.

 

Na prensa: http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/usc-celebra-dia-mundial-do-turismo-cunha-xornada-ciencias-economicas/idEdicion-2011-09-26/idNoticia-702797/

 

Mesa Foro do Turismo de Galicia e mesa de investigadores de Turismo

Do Foro de Turismo, que celebrou o 26 de setembro a súa última sesión na Facultade de Económicas, saíron varios grupos de traballo que coinciden cos diferentes sectores turísticos: hoteis, cámpings, axencias e comercios de hostalería, entre outros. Estes grupos de traballo elaborarán análise de cada sector, que posteriormente serán postos en común. A intención é que as ideas, experiencias e propostas intercámbiense aproveitando as novas tecnoloxías, pero tamén celebrando reunións cando se consideren necesarias.

 

Na prensa: http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2011/09/28/0003_201109S28C3995.htm?idioma=galego

 

Videoconferencia coa Universidade Univali (Brasil). Olhares Múltiplos

O director do Cetur, o profesor Xosé Manuel Santos Solla, presentou no encontro o Centro de Estudos e Investigacións Turísticas, iniciativa pioneira en Galicia no eido da investigación do turismo. Na súa intervención destacou as principais liñas nas que están a traballar como, entre outros, o Observatorio Turístico de Santiago, ferramenta clave para a xestión do destino. Fixo ademais especial fincapé no apartado de convenios de colaboración que permiten tanto a docentes como a estudantes realizar estancias de investigación en numerosas universidades de todo o mundo. Puxo tamén en valor a estreita colaboración co Máster de Dirección e Planificación de Turismo da USC.

 Na mesma xornada dous técnicos investigadores do Cetur presentaron as súas liñas de investigación. Pilar Taboada-de-Zúñiga, co relatorio ‘Turismo idiomático en Santiago de Compostela’, destacou a potencialidade de crecemento deste novo nicho de mercado destacando o papel que vén desenvolvendo neste eido a USC e a oferta de alta calidade que presentan o Centro de Linguas Modernas e Cursos Internacionais S.L da USC.

Pola súa banda, Guido Álvarez presentou o traballo realizado no Observatorio Turístico de Santiago dando unha especial relevancia á principal investigación en curso relacionada co estudo de caracterización da demanda turística, ou sexa, o perfil do turista que visita a cidade.

O profesor Eduardo Hack Neto, da Universidade de Univali (Brasil), foi o coordinador e organizador do evento que abre novas vías de colaboración entre a Universidade de Santiago e a brasileña.

 

Na prensa: http://www.lavozdegalicia.es/deza/2011/06/11/0003_201106D11C12994.htm

Novas do sector
Utilidades