Saltar ao contido principal
Inicio  »  Institutos e centros de investigación  »  Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX)

Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX)

Información

Directora: Dna. Rita Radl Philipp

Secretario: D. Jorge García Marín

Enderezo: Facultade de Ciencias da Educación
Campus Vida
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: 881813810
Fax: 981 54 70 91
Correo electrónico: ritam.radl@usc.es

Descrición

O Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX) constitúe un centro de investigación interdisciplinario que se enmarca no contexto dos centros propios da Universidade de Santiago de Compostela que conta co apoio expreso de institucións e organismos extra-universitarios considerados de interese político social. Tratarase dun centro cuxo obxectivo principal consiste na investigación (interdisciplinaria), docencia, formación e asesoramento en cuestións específicas referidas ás relacións e roles sociais das mulleres e homes, isto é, das relacións de xénero situándose a nivel empírico no contexto específico da Comunidade Autónoma Galega.

Obxectivos

En canto aos obxectivos, conectamos coa idea central da necesidade de que o Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero ha de constituír de xeito global un centro propio de investigación desde o que se coordinarán todos os proxectos e quefaceres investigadores e docentes referentes á temática das relacións de xénero e das mulleres. Trátase, en efecto, de perseguir principalmente a elaboración e difusión do coñecemento científico acerca das relacións de xénero e das mulleres desde perspectivas científicas múltiples, desde un ángulo poliparadigmático, ancorado no contexto sociocultural concreto no que a Universidade de Santiago de Compostela se insire, pero coa firme convicción de que este coñecemento é básico para o desenvolvemento social da sociedade actual, especialmente a galega.

Partindo deste obxectivo global, centrámonos nos seguintes obxectivos singulares:

  1. A investigación das relacións e roles de xénero e das mulleres, sobre todo desde o punto de vista da relevancia social, particularmente con vistas ao coñecemento educativo, psicolóxico, social, histórico, lingüístico, filosófico, biolóxico, médico e xurídico, entre outros. O Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero actúa como centro aglutinador e de máxima coordinación.
  2. A promoción, organización e impartición de docencias específicas, tanto no primeiro, como no segundo e terceiro ciclo universitario (incluso no 4º ciclo, se cabe), en relación co coñecemento das relacións e roles de xénero e das mulleres, sobre todo desde un punto de vista interdisciplinario. O Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero enténdese aquí como o núcleo básico de coordinación.
  3. A difusión social e política do coñecemento en relación co coñecemento das relacións e roles de xénero e das mulleres, así mesmo desde un punto de vista interdisciplinario, para cumprir co obxectivo de lograr un feedback social en canto ao coñecemento acerca das relacións e roles de xénero e das mulleres.
  4. A organización xeral e específica desde o Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero de todo tipo de actividades científicas con impacto científico, social, e político; tales como congresos científicos, simposios, seminarios, cursos de posgrao, másters, programas de doutoramento, cursos de verán, etc. de alcance nacional e internacional. Este obxectivo contempla moi particularmente o labor de colaboración social e de edición e publicación, tanto de redaccións periódicas como de monografías e memorias de actividades.
  5. Promover activamente desde o Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero o coñecemento en profundidade dos procesos de transformacións sociais que se xeran na nosa sociedade, tanto con respecto ás estruturas sociais como científicas, para lograr unha maior igualdade nas relacións entre mulleres e homes, e un cambio da imaxe científica e social das mulleres, enlazando coas recomendacións e normativas internacionais e europeas ao respecto.

Membros fundadores do CIFEX

  • Prof. Dra. Rita Radl Philipp (Departamento de Socioloxía)
  • Prof. Dra. Mª do Carme García Negro (Departamento de Economía Aplicada)
  • Prof. Dr. Jorge García Marín (Departamento de Socioloxía)
  • Prof. Dra. Ana Porto Castro (Departamento de MIDE)
  • Prof. Dra. Cristina Abeal Pereira (Departamento de MIDE)
  • Prof. Dra. Mª José Agra Romero (Departamento de Lóxica e Filosofía Moral)
  • Prof. Dra. Carmen Pallares Méndez (Departamento de Historia Medieval e Moderna)
  • Prof. Dra. Montserrat Villarino Pérez(Departamento de Xeografía)
  • Prof. Dra. Mª José Rodríguez Galdo (Departamento de Historia e Institucións Económicas)
  • Prof. Dra. María García Añón (Departamento de Ciencia Política e da Administración)
  • Prof. Dra. Milagros Domínguez Juan (Departamento de Socioloxía)
  • Prof. Dra. Mar Llinares García (Departamento de Historia I)
  • Prof. Dra. Teresa Moure Pereiro (Departamento de Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral)
  • Prof. Dra. Pilar Torrens Calle (Departamento de Socioloxía)