Martes, 12 de xullo de 2011
Master Educación, Xénero e Igualdade
Coordinadora: Profa. Dra. Rita Mª Radl Philipp
Master Bianual de 120 créditos ECTS
Para información de tipo xeral do Master (prezos, matrícula, prazos, convocatorias, etc) poñerse en contacto coa Oficina de Información Universitaria.
Tlfns: 902101022 e 981547111 Mail: oiusec@usc.es
DATAS DE COMENZO E FINALIZACIÓN
Comenzo : Setembro 2011
Finalización: Xullo 2013
LUGAR DE CELEBRACIÓN
Facultade de Ciencias da Educación, Campus Vida.
1º ANO: (setembro 2011/xullo 2012, 60 créditos ECTS)
As clases impartiránse [1] os mércores, xoves e venres en horario de 15.30h. a 21.30.h.
1º CUADRIMESTRE (30 créditos ECTS)
LISTAXE DE MATERIAS:
-Aspectos metodolóxicos Básicos para os estudos das mulleres e das relaccións de xénero (5 ECTS)
-Investigación, coñecemento de Xénero e Teoría Feminista (5 ECTS)
-Cambio social, coeducación, transversalidade e xénero (5 ECTS)
-Políticas públicas, igualdade e xénero (5 ECTS)
-Historia das mulleres e mulleres e homes na historia (5 ECTS)
-Violencia e Xénero (5 ECTS)
2º CUADRIMESTRE (30 créditos ECTS)
LISTAXE DE MATERIAS:
-Os procesos de constitución das identidades de xénero (5 ECTS)
-Educación e socialización en función do xénero (5 ECTS)
-Medios de comunicación, lingua e Xénero (5 ECTS)
-Saúde, vellez e construcción socia l(5 ECTS)
-Actividade económica, relacións de traballo e xénero (5 ECTS)
-Aspectos xurídicos das relacións de xénero (5 ECTS)
2º ANO: (setembro 2012/xullo 2013, 60 créditos ECTS)
As clases impartiránse os xoves ou os venres, dependendo da especialidade, en horario de 15.30h. a 21.30.h.
1º CUADRIMESTRE (10 créditos ECTS por especialidade)
Especialidade de Investigación e deseño de programas
LISTAXE DE MATERIAS:
-Aspectos Metodolóxicos avanzados para os Estudos das Mulleres e das Relacións de Xénero (5 ECTS)
-Multiculturalismo, Interculturalismo, Educación e Xénero (5 ECTS)
Especialidade de Intervención educativa
LISTAXE DE MATERIAS:
-Problemáticas Sociais Múltiples, Intervención Social e Xénero (5 ECTS)
-Deseño e Avaliación de Programas de Xénero (5 ECTS)
2º CUADRIMESTRE (50 créditos ECTS por especialidade)
Especialidade de Investigación e deseño de programas
LISTAXE DE MATERIAS:
-Titorías, Seminarios e Prácticas de Investigación (25 ECTS)
-Proxecto de Memoria Científica do Master (25 ECTS)
Especialidade de Intervención educativa
LISTAXE DE MATERIAS:
-Titorías, Seminarios e Prácticas laborais e Profesionais (25 ECTS)
-Proxecto de Memoria Profesional do Master (25 ECTS)
PRÁCTICAS
O período de prácticas desenvolverase ao longo do segundo cuadrimeste do segundo ano (250 horas)
Prácticas laborais e profesionais
As prácticas desenvolveranse en diferentes asociacións, ONGs, concellos, empresas privadas, fundacións, OIX (USC) e sindicatos.
Prácticas de investigación ESTRUCTURACIÓN DAS PRACTICAS PARA A ESPECIALIDADDE DE INTERVENCIÓN EDUCATIVAMateria: “TItorías, Seminarios E Prácticas Laborales” (25 ECTS Totais) Coordinadora: Profa. Dra. Mª Begoña Gómez Vázquez A) Contido: Practicas profesionais tuteladas vinculadas a diversas institucións sociais, organismos públicos e privados e asociacións de mulleres que traballan profesionalmente no eido das mulleres e do xénero, igualdade e educación nun sentido amplo. (ex: casas de acollida, consultoras de xénero, casas de “A Muller”, Servicio Galego de Igualdade –SGI-, Centros de Información á Muller -CIM-, Concellalías da muller, “Alecrín”, “ Vagalume”, “Fundación Mujeres” de A Coruña, etc.) As prácticas poderanse relacionar coa elaboración do Proxecto Memoria Profisional do Master.B) Requisitos-Esixencias: -Participación en tarefas profesionais diversas vinculadas aos centros ou organismos correspondentes que teñan por objecto a atención ás mulleres e a promoción da igualdade de xénero así como a planificación social e política de proxectos de intervención socioeducativa no ámbito das mulleres e de xénero. -Confeccionarase un Diario de Prácticas sobre as prácticas de intervención realizadas que se entregará á coordinadora da materia con una extensión aproximada de 10 páxinas.C) Distribución temporal das prácticas efectivas: 1.- Corresponden ás prácticas efectivas, a realizar nunha das institucións citadasbaixo a supervisión dunha tutora/tutor, un total de 250 horas dos 25 ECTS, isto é, 6 semanas. 2.- O período de tempo para a realización das prácticas de investigación será no comenzo do segundo cuadrimestre e en horario de xornada completa durante aproximadamente 6 semanas. 3.- As datas concretas fixaranse no comenzo do curso correspondente. ESTRUCTURACIÓN DAS PRÁCTICAS PARA A ESPECIALIDADE DE INVESTIGACIÓN E DESEÑO DE PROGRAMASMateria: “Tutorías, Seminarios e Prácticas de Investigación” (25 ECTS Totais) Coordinador: Prof. Jorge García MarínA) Contido: Practicas de investigación tuteladas vinculadas a proxectos de investigación diversos sobre a temática do xénero e as mulleres, igualdade e edicación nun sentido amplo e preferentemente relacionados co profesorado do Master e as/os membros investigadoras/investigadores do CIFEX. As prácticas de investigación poderán relacionarse coa memoria Científica do presente Master.B) Requisitos-Esixencias: -Participación en tarefas prácticas de investigación, isto é, recollida de datos, confección de bases de datos, análisis de datos, elaboración de cuestionarios, entrevistas en profundidade, análisis secundario, observación participante, confección de base teórica e fundamentación teórica, deseño de proxectos de investigación relacionados coas mulleres e o xénero, igualdade e educación. -Confeccionarase un Diario de Prácticas sobre as prácticas de investigación realizadas, que se entregará ao coordinador da materia cunha extensión aproximada de 10 páxinas. C) Distribución temporal das prácticas efectivas: 1.- Corresponden ás prácticas efectivas, a realizar no marco dun proxecto de investigación e baixo a supervisión dunha directora/director, un total de 250 horas dos 25 ECTS, isto é, 6 semanas. 2.- O período de tempo para a realización das prácticas de investigación será nos comenzos do segundo cuadrimestre e en horario de xornada completa durante aproximadamente 6 semanas. 3.- As datas concretas fixaranse nos comenzos do curso correspondente. Materia: “Proxecto Memoria Profesional del Master” (25 ECTS Totais) Coordinadora: Profa. Dra. Ana Mª Porto CastroA) Contido: Traballo de Investigación centrado na temática do xénero e das mulleres que demostre a capacidade da alumna/o de enfocar e desenvolver de forma científica e reflexiva, e metodológicamente autónoma e baixo a supervisión dunha directora/director do TFM, un tema referido ao ámbito profisional, social e educativo nun sentido amplo, da problemática central abordada no seno do presente Master, é dicir, da temática das mulleres e do xénero. Este traballo deberá mostrar a suficiencia investigadora do alumnado. Puede desenvolverse empregando como base específica a experiencia en relación coas prácticas profisionales realizadas, ou ben, en conexión coas mesmas. Como norma xeral asignarase de xeito individual unha directora ou director para o Proxecto Memoria Profisional do Master, acordado coa coordinadora xeral do Proxecto Memoria Profesional do Master e aprobado pola Comisión Académica do mesmo. Tratase dun traballo de investigación aplicada (profisional) que ten que ser defendido ante un tribunal nomeado a tal efecto e composto por profesorado do Master.B) Requisitos-Esixencias: - Efectuar un traballo de investigación científicamente estructurado cunha extensión máxima de 50 páxinas. - Defender ante un tribunal nomeado a tal efecto pola Comisión Académica do master dito TFM.C) Distribución temporal do Proxecto: 1.- O período formal de elaboración será de aproximadamente 3 meses. 2.- As datas concretas de realización e entrega do Proxecto Memoria Científica do Master e de defensa ante o tribunal fixaranse nos comenzos do curso correspondente. Materia: “Proxecto Memoria Científica do Master” (25 ECTS Totais) Coordinadora: Profa. Dra. Rita Radl PhilippA) Contido: Traballo de Investigación centrado na temática do xénero e as mulleres que demostre a capacidade da alumna/o de enfocar e desenvolver de forma científica, reflexiva e metodolóxicamente autónoma e baixo a supervisión dunha directora/director do TFM, un tema de investigación da problemática central abordada no seno do presente Master, é decir da temática das mulleres e do xénero, educación e igualdade. Este traballo deberá mostrar a suficiencia investigadora do alumnado. Pode desenvolverse empregando como base específica a experiencia en relación coas prácticas de Investigación realizadas. Como norma xeral asignarase de xeito individual unha directora ou director para o Proxecto Memoria Científica do Máster acordado coa coordinadora xeral do Proxecto Memoria Científica do Master e aprobado pola Comisión Académica do mesmo. Tratase dun traballo de investigación que ten que ser defendido ante un tribunal nomeado a tal efecto e composto por profesorado do Master.B) Requisitos-Esixencias: - Efectuar un traballo de investigación científicamente estructurado cunha extensión máxima de 50 páxinas. - Defender ante un tribunal nombrado a tal efecto pola Comisión Académica do master dito TFM.C) Distribución temporal do Proxecto: 1.- O período formal de elaboración será de aproximadamente 3 meses. 2.- As datas concretas de elaboración e entrega do Proxecto Memoria Científica do Master e de defensa ante o tribunal fixaranse nos comenzos do curso correspondente.
Arquivos adxuntos:

Ligazóns: