Saltar ao contido principal
Inicio  »  Institutos e centros de investigación  »  Centro de Investigación de Procesos e Prácticas Culturais Emerxentes (CIPPCE)  »  simposio_cem

 

CIPPCE_logo


 

 

SIMPOSIO CULTURA E MIGRACIÓN

27 e 28 de outubro de 2011

Salón de Graos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais USC

 

[TRÍPTICO EN PDF]

 

Comité organizador

Manuela Palacios, Raquel Bello, Arturo Casas, María Teresa Díaz, Juan-Luis Pintos e María do Cebreiro Rábade.


Inscricións: do 3 ao 17 de outubro de 2011

O Simposio diríxese en especial aos membros da comunidade universitaria (alumnado, PDI e PAS) e ás persoas e asociacións interesadas pola problemática socio-política, económica e cultural das migracións no mundo actual. Constatada unha asistencia mínima ao 75% das sesións, recibirase no acto de clausura un diploma acreditativo asinado polo Vicerreitor Adxunto de Investigación e Innovación da USC e pola Directora do CIPPCE.

A inscrición é libre e gratuíta. Farase mediante comunicación electrónica dirixida ao enderezo arturo.casas@usc.es, incorporando como documento adxunto o boletín de inscrición que pode descargarse nas ligazóns seguintes:

odt Boletín de inscrición no Simposio Cultura e Migración [odt - 36 kb][Actualizado: 26/9/11]

doc Boletín de inscrición no Simposio Cultura e Migración [doc - 44 kb][Actualizado: 26/9/11]

 

A partir do día 7 de outubro publicarase na web do Centro (na lapela Novidades) unha relación de inscritos admitidos que se actualizará progresivamente até o 17 de outubro ou até alcanzar o límite de cen prazas marcado polo aforo do Salón de Graos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais. Non se aceptarán inscricións posteriores a esta data. 

 

Paneis e comunicacións

As intervencións serán normalmente de 30 minutos (20 minutos para exposición e 10 para debate). Nos peches de sesións de mañá e tarde abrirase novamente un debate de 30 minutos sobre o conxunto das comunicacións presentadas.

 

 

XOVES 27 DE OUTUBRO — SESIÓN DE MAÑÁ

 

9:30 h. | Inauguración do Simposio

       Nieves Lagares (Decana da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais) e Manuela Palacios (Directora en funcións do CIPPCE)

 

9:45 h. | Panel Migracións, cultura e identidade: Repensando as migracións en Galicia

      Catro comunicacións coordinadas a cargo de María Xosé Rodríguez Galdo, Fausto Dopico Gutiérrez del Arroyo, María del Pilar Freire Esparís e Xosé Cordero Torrón, da Rede de Investigadores en Demografía, Historia económica e Migracións (RIDHEM,USC)

 

11:45 h. | Pausa

 

12:05 h. | Mulleres e proxección pública da cultura caboverdiana en Burela. Unha experiencia dende a intervención social

Luzia Oca González  (Grupo de Antropoloxía Socio-Cultural, USC)

 

12:35 h. | Identidade galega transnacional. Os centros galegos no exterior

       Xaquín Rodríguez Campos (Grupo de Antropoloxía Socio-Cultural, USC)

 

13:05 h. | Debate conxunto sobre as comunicacións matinais

 

 

XOVES 27 DE OUTUBRO — SESIÓN DE TARDE

 

16:30 h. | Panel Exilio, muller e literatura

Segunda xeración e orixes imaxinadas: a poesía de Elsa Fernández

María Xesús Lama (Universitat de Barcelona)

Exilio, historia e a visión feminina

Laura Lojo (Grupo Discurso e Identidade, USC)

Exilio e tabú

    Manuela Palacios (Grupo Discurso e Identidade, USC)

 

18:00 h. | Pausa

 

18:15 h. | Panel LITER21. Literatura infantil e xuvenil

Emigración e guerra nas obras de Marina Mayoral

Mar Fernández Vázquez (Grupo Literatura Galega. Literatura Infantil e Xuvenil, USC)

Inmigración/emigración e identidade: Lúa de Senegal, de Agustín Fernández Paz

Eulalia Agrelo Costas (Grupo Literatura Galega. Literatura Infantil e Xuvenil, USC)

 

19:15 h. | Debate conxunto sobre as comunicacións vespertinas

 

 

VENRES 28 DE OUTUBRO — SESIÓN DE MAÑÁ

 

        9:30 h. | Panel Migracións e enclaves culturais

Os enclaves americanos e a construção do Sistema LIterário Galeguista (1974-1978)

        Roberto Samartim (Grupo GALABRA, Universidade da Coruña)

Propostas en conflito para umha literatura e um país. Repertórios culturais promovidos nos enclaves americanos e na Galiza durante o tardo-franquismo

        Cristina Martínez Tejero (Grupo GALABRA, USC)

 

10:30 h. | Panel Discursos de/sobre a hibridación cultural: suxeitos, espazos e medios

A representación dos efectos da aculturación en ‘El cadiceño’, de Rosalía de Castro

        María López Sández (Grupo Teoría da literatura e Literatura comparada, USC)

¿Es lo testimonial condición de la literatura de la inmigración? El caso español

        Sara Bernechea Navarro (Grupo Teoría da literatura e Literatura comparada, USC)

 

        11:30 h. | Pausa

 

12:00 h. | Panel A Europa diaspórica: cara a unha problematización da "literatura europea" a través da migración [Moderador: César Domínguez]

Canadá: Little Italy polifónica

        Federica Angelini (Grupo Teoría da literatura e Literatura comparada, USC)

outra Arxentina: a narrativa de mulleres e a emigración entre ‘tanos’ e ‘gallegos’

        Marco Paone (Grupo Teoría da literatura e Literatura comparada, USC)

‘Soy dos mitades’. La identidad como guerra en Déborah Vukusic

        Isabel Domínguez Seoane (Grupo Teoría da literatura e Literatura comparada, USC)

 

        13:30 h. | Debate conxunto sobre as comunicacións matinais

 

 

VENRES 28 DE OUTUBRO — SESIÓN DE TARDE

 

16:00 h. | Riesgos, imaginarios y asociacionismo en la integración de los inmigrantes

Felipe Aliaga (Grupo Compostela de Estudos sobre Imaxinarios Sociais, USC)

 

        16:50 h. | Contextos específicos, identidades desprazadas: Bienais de arte e inmigración urbana

Miguel Anxo Rodríguez (Grupo Arte e Estética Contemporánea, USC)

 

17:20 h. | Emigración e linguas da escola en Galicia

María Teresa Díaz (Rede Inmigración, Escola e Sociedade, USC)

 

        17:50 h. | Debate de peche

 

18:30 h. | Clausura a cargo da Directora do CIPPCE e entrega de diplomas

 

Financiamento

Grupo de Investigación Teoría da literatura e Literatura comparada (GI-1371 USC. Coord.: Fernando Cabo).

Proxecto de investigación Plurilingüismo e conciencia lingüística. Recursos educativos para o desenvolvemento da competencia intercultural  (INCITE08PXIB400065PR. IP: María Teresa Díaz).

Proxecto de investigación Nosotros-as y ellos-as: Discursos de las escritoras irlandesas y gallegas sobre la extranjería (1980-2007) (FFI2009-08475/FILO. IP: Manuela Palacios).