Centro de Responsabilidade Social, Goberno Corporativo e Protección do Investidor da USC

¡¡¡CURSOS ABERTOS!!!
O Centro de Responsabilidade Social, Goberno Corporativo e Protección do Investidor da USC, é un centro mixto entre a USC e a Xunta de Galicia, que desenvolve labores de investigación, formación e difusión nas materias obxecto das súas liñas de investigación. As súas actividades se enmarcan dentro do proxecto de investigación DER2010-22108-C02-02, "Ordenación xurídica para a economía sostible: Reformas para a regulación dun goberno empresarial sostible no marco da economía sostible", do Ministerio de Economía e Competitividade.
O CERGI foi creado no ano 2011 (o Consello de Goberno da USC informó favorablemente a creación do Centro na sesión de 5 de maio de 2011 e posteriormente foi aprobada a súa creación polo pleno do Consello Social celebrado o día 27 de xuño de 2011), como froito da labor de investigación de moitos anosdo seus membros. Na actualidade reforzou a súas actuacións con prestixiosas incorporacións e novos proxectos de formación.