Director: Prof. Gumersindo Guinarte Cabada
Secretario: Prof. Fernando Vázquez-Portomeñe Seijas
Enderezo: Facultade de Derecho. Campus Vida
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: 881 814 680
Correo electrónico: icsec@usc.es
Imparte os estudos correspondentes á titulación propia de Diploma Superior en Criminoloxía (plano de estudos de 3 anos de duración, aprobado polo Consello de Goberno desta Universidade do 20 de xuño de 2005). Ademais realízanse cursos e cursiños interdisciplinares, impartidos por recoñecidos especialistas, tendentes a completar a formación dos nosos alumnos e a actualizar os coñecementos dos profesionais relacionados coa criminoloxía. Faise cargo da edición da Revista "Estudios Penales y Criminológicos", na que acostuman a colaborar recoñecidos profesores e investigadores de universidades españolas e estranxeiras. Periodicamente publícase tamén o "Boletín Criminolóxico da Universidade de Santiago de Compostela”, no que se analizan cuestións de actualidade, e danse a coñecer traballos de investigación realizados polos alumnos.