A realización dunha estadía de investigación para consultar os fondos do IDIUS implica a necesidade de acceder á Biblioteca Concepción Arenal.
Acceso á biblioteca
Como requisito esencial requírese:
- un escrito polo que o IDIUS ou algún dos profesores integrantes do mesmo acepte a solicitude do investigador de realizar a estadía.
- un escrito polo que o IDIUS ou algún dos profesores integrantes do mesmo invite a realizar a estadía.
Cumplido este requisito, cabe diferenciar dúas hipótesis:
- ESTADÍAS CURTAS (como máximo un mes): hai unha serie de postos de lectura na Biblioteca que non se adxudican con carácter estable a ningún investigador e que poden ser utilizados libremente polos investigadores que realizan este tipo de estadías.
- ESTADÍAS DE MÁIS DE 1 MES: neste caso ao investigador poderáselle adxudicar con carácter estable un dos postos da Biblioteca mentres dure a súa estadía de investigación. Para iso ten que solicitalo no mostrador da Biblioteca. A adxudicación dun posto de lectura estable dependerá da dispoñibilidade de postos de lectura. Se no momento de realizar a solicitude non houbera postos dispoñibles, incluirase a súa solicitude na lista de espera e, mentres tanto, o investigador podería utilizar uno dos postos que non se adxudican con carácter estable.